Bos días miñas donas e meus cabaleiros!!
Chega a fin de semana e poderemos desfrutar dous días enteiros! Saír a
pasear, xogar e desfrutar da familia.
Sabedes que moitas veces facemos cousas pensando en que pode haber
algunha consecuencia, algún dano se o facemos de outro xeito, e neses casos
dicimos : “fago así, por se as moscas”... e pensando niso e nas moscas, mirade
o que pensan elas:
Hoxe a encargada é....cha, cháaaaaannnnn.....SARELA !! que ven ca súa
data feita en tres cores, presidida polo noso marabilloso Coelliño Branco e
adornada con globos, e como sen vendo
habitual, ca toalla a xogo!! Sarela ensina un misterioso sorriso que
recorda ao sorriso da Mona Lisa!, unha pintura que realizou Leonardo da Vinci,
e que é moi famoso precisamente por ese sorriso... Verdade que se semella?
Lembro a quenda para a semana seguinte:
LUNS 11
|
MARTES 12
|
MÉRCORES 13
|
XOVES 14
|
VENRES 15
|
XAVI
|
JULIA
|
ALEX
|
XULIÁN
|
EVELYN
|
Imos
aló meus valentes !!
LINGUA 1º
Faremos unha lectura e despois escoitarédela nun audio que enviarei ao
grupo de wasap. A continuación, faredes ás actividades relativas a ese
texto.
Deixovos un enlace para xogar interactivamente , respondendo a preguntas
. Seguro que vos encanta!! Ahhh,
lembrade que seguramente haberá que desbloquear o “Flash”, como outras veces.
Se tendes dúbidas, recórdovos como se fai:
LINGUA 2º
Faremos unha lectura e despois escoitarédela nun audio que
enviarei ao grupo de wasap. A continuación, responderedes ás actividades
relativas a ese conto.
Deixovos
un enlace para xogar interactivamente , respondendo a preguntas . Seguro que
vos encanta!! Ahhh, lembrade que
seguramente haberá que desbloquear o “Flash”, como outras veces. Se tendes
dúbidas, recórdovos como se fai:
MATEMÁTICAS 1º y 2º
Ya que es fin de semana, haremos tareas un poco diferentes... !!
Pasatiempos!! Esta vez son muy variados,
así que creo que !vais a disfrutar un montón!!
CIENCIAS DA NATUREZA 1º e 2º
Seguimos repasando o corpo humano con estes exercicios e con dous enlaces moi interesantes, especialmente o segundo, que nos propón actividades moi chulas, ata un
puzzle!
DÍA DA BIBLIOTECA
Hoxe
é venres e non podemos esquecer pasar pola biblioteca.
Lembrades
que esta semana falamos do acoso e traballamos nos nosos escudos do club dos
valentes? Por iso, o libro de esta semana será o audio que escoitáchedes, pero
escrito en formato de vídeo, para que podades lelo e comentar en familia:
A
desfrutar da finde!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario