lunes, mayo 25, 2020

TALLER DE CIENCIAS SOCIAIS

Bo día !!!!!
Durante esta temporada pasamos moito tempo na casa e especialmente na cociña. Imos descubrir algo que se utiliza moito na cociña, que é?
So se pon un pouquiño, e da moito sabor e moita cor
Especias 




Imos facer un pouquiño de Historia, viaxamos no tempo. Cando non había neveiras nin conxeladores para conservar os alimentos  gardábanos en covas frescas, despois excavaron para facer bodegas e neveiros que eran profundos ocos na terra onde levaban neve, que se conservaba durante moito tempo e alí deixaban as carnes para que non podrecesen. tamén descubriron que se conservábanse con fume, como facemos cos chourizos ou con sal como o porco e o bacallau.
Cando o mercader e viaxeiro Marco Polo viaxou por Asia trouxo un montón de especias: canela, clavo, pementa, pimentón ..que conservaban os alimentos e comezouse a comerciar a través da Ruta da Seda e das Especias que mostrou a Europa outras culturas moi interesantes. 

https://social.shorthand.com/MarinaMarin5/jgPdWp30rn/las-especias-el-oro-de-la-edad-media
Tedes este enlace con información interesante sobre este tema.

ollade este video sobre As viaxes de Marco Polo
https://www.youtube.com/watch?v=22rNP_BB-II

Propoñemos que preguntedes que especias se  utilizan na vosa cociña. Agora usade os vosos sentidos:
Como son ?
Como ulen?
De que cor son ? 

No hay comentarios: