domingo, noviembre 20, 2016

OS AMIGOS CONTAN : "O MEU TRABALLO"

Bea, a nai de Alicia, traballa nun almacén de flores.
Despois de Santos, unha das épocas de máis traballo para ela, colle vacacións e reserva un tempo para vir á escola xa que polo seu traballo non pode en outros momentos. Ven contar contos en Infantil ou participa con nós no que fagamos nese tempo.
Este ano, Alicia xa está en Primaria e pensou en explicarnos, a toda a escola en que consiste o seu traballo: de onde veñen as flores, como as transportan , como as tratan cando chegan...para que usamos as flores...Falounos de compañeirismo e de colaboración para poder estar felíz no traballo.







Temos boas noticias: xa temos outra mamá voluntaria para contar como é o seu traballo.
Será en Decembro. Faremos unha presentación ao mes.
Vai ser unha boa maneira de coñecer diferentes traballos e oficios. Temos moitos meses por diante, ide collendo sitio.
Avisamos, engancha!! É moi interesante para os que atendemos á presentación na escola pero ademáis é moi gratificante para o que fai a presentación ante público tan atento e entregado. Supón tamén unha oportunidade de reflexión sobre o propio traballo e un exercicio para contarllo a est@s pequen@s.

viernes, noviembre 11, 2016

XORNADAS MICOLÓXICAS

Un membro da Asociación Micolóxica Brincabois, Amancio Castro, explicoulle ao noso alumnado a importancia dos cogumelos na natureza e respondeu a tódalas preguntas que lle fixeron.
Preparou unha exposición moi completa dos cogumelos máis frecuentes na nosa contorna.
Saimos nos arredores da escola a apañar cogumelos.







A exposición estivo aberta a toda a Comunidade Educativa nos soportais do patio de atrás.







Obxectivos:
Coñecer a importancia dos cogumelos na natureza.
Concienciar aos escolares da importancia da conservación do seu habitat.
Coñecer como se recoñecen e como se reproducen.
Aprender sobre como se collen e recoñecen os cogumelos.
Coñecer que hai especies tóxicas para os humanos.
Aprender como se chaman en galego.


Esta actividade tamén se realizará nos colexios de Lérez, Xeve e Campañó nun proxecto dos ENDL dos nosos centros en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello e a asociación Micolóxica Brincabois.



jueves, noviembre 10, 2016

OS AMIGOS CONTAN

Esta actividade consiste en convidar aos pais e nais dos alumnos/as da escola a vir contar ou ler un conto aos nenos e nenas de Educación Infantil.
Bea, a nai de Alicia( que xa está en Primaria) , aproveitando que está de vacacións, veu contar aos nenos/as de Infantil o conto:” Hay una vaca en la nevera”.
Un conto que nos interesa moito pola intervención dos bombeiros.


Obxectivos:
Animar aos nenos e nenas a ler, proporcionándolles modelos de lectura.
Crear na escola oportunidades de participación para os nais e pais que queiran /poidan participar creando así un clima de complicidade entre a escola e a familia que tanto vai favorecer aos nenos e nenas no seu desenvolvemento.




viernes, noviembre 04, 2016

FESTA DO OUTONO

E.E.I.VERDUCIDO                                                FESTA DO OUTONO 2016
VENRES 4 DE NOVEMBRO

Os nenos/as traen
  • As súas cabazas decoradas para a exposición na biblioteca.
  • Unhas poucas castañas para asar co corte feito para que non estoupen.
  • Se queren poden vir disfrazados.
  • Non traen merenda.MERENDAREMOS:
  • TETILLA con doce de marmelo feito na escola coa froita da nosa árbore.
  • CASTAÑAS ASADAS no magosto.
  • HUESOS DE SANTO e BUÑUELOS, doces tradicionais destas datas.







Programa:
Ás 11:30 merenda e castañas asadas.
A partires das 12:30 Cancións de outono, xogos, taller de decoración de castañas e coroas de outono.
Algunhas bruxas nos visitan para anima-la festa.
Visita ás cabazas decoradas da biblioteca.









As nais e pais fan os preparativos e participan na festa de maneira moi activa. Esta colaboración e imprescindible para que esta festa se poida celebrar. Os nenos e nenas vendo os seus pais colaborar aprenden aprenden a importancia que ten, e no futuro serán membros activos dispostos a contribuir á mellora da comunidade.



Obxectivos:

  • Coñece-las festas populares de Galicia, aprender a valoralas e desfrutalas: Samain, Magosto
  • Interesarse polo que acontece en outras culturas: Día de muertos, Halloween...
  • Fomenta-la participación e cohesión da Comunidade Educativa.
Grazas a todos os que, dunha ou outra maneira colaborastes para que fora posible.


viernes, octubre 21, 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR. TERRITORIO DAS ARTES

 A fada Diana no bosque musical, contacontos en inglés e galego para achegar aos nenos e nenas á defensa do medio natural.
Comezamos a reflexionar sobre o mundo que queremos. Proposta para este curso do Salón do Libro.


domingo, septiembre 25, 2016

HORTA ECOLÓXICA E ALIMENTACIÓN

COLLEITA

Comezamos  este curso o traballo na horta, colleitando o que plantamos o curso pasado:
cenouras, remolacha, tomates cherry, espinaca...
Tódolos xoves traballaremos na horta!!!!
Preparamos unha saborosa ensalada:


 Tamén coloreamos auga con remolacha para facer as botellas de calma:
Grazas a todas as nais que colaborades no traballo da horta.
Grazas especiais a Nonon pola súa colaboración e compromiso.
Sen vos, non sería posible este traballo tan importante na formación na acción do noso alumnado.



domingo, septiembre 11, 2016

BENVIDA AO CURSO 2016-2017

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2016-17

Coidamos que coa colaboración e compromiso de toda a  Comunidade Escolar este vai ser un excelente curso cheo de respecto,emoción e aprendizaxes para todos/as. 

Comezamos o Luns 12 de Setembro ás 9 da mañan cunha presentación do curso e agarimosa  acollida dos novos/as alumnos/as e as súas familias.


Pregamos:
Puntualidade
Amabilidade e respecto ao aparcar.

Lembrade:
Temos  elevadores  e cadeiras para o coche por se vos esquecedes.
Se precisades que o/a neno/a queden na escola ás 8:45, cada semana hai una mestra de garda.

Se os nenos/as DURMEN E ALMORZAN BEN poderán aprender mellor. 




viernes, abril 01, 2016

O XORNAL NA ESCOLA


Para traballar o xornal en Educación Infantil, utilizamos "El lobo ha vuelto". Ed.Corimbo
Para traballar en 1º e 2º de Primaria utilizamos "que podo facer eu?"Ed. OQO
Despois de ver que tipos de noticias podemos ver nun xornal, as súas sección,etc, limos: que podo facer eu? Logo pensaron nos inmigrantes as portas de Europa  e a enorme tristeza e impotencia que nos produce. Este libro deixounos una mensaxe de esperanza :nós sempre podemos facer algo á nosa medida por facer un mundo mellor !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, febrero 03, 2016

CONTOS POLA PAZ / CARBALLO CON BOTAS




Anxo Moure, un vello amigo do noso colexio que había tempo que non nos visitaba, pescou para nós coa axuda de Sarela no seu batuxo do río Miño contos pola Paz que nos falan de que a Paz, non é cousa dun Día, é cousa de tódolos días. A Paz ten que ver co respecto polo Medio Ambiente, co repecto polo noso, co respecto por nós mesmos.
Presentounos as Xacias, sereas dos ríos que choran coa contaminación e que nos acariñan para que os coidemos e respectemos.
Tamén saudou ao noso carballo.
Grazas Carballo con Botas, vémonos no Salón do Libro.

viernes, enero 29, 2016

DÍA DA PAZ / KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE

 Un ano máis participamos na proposta de Save the Children.
Os nenos e nenas correndo  este circuito solidario, consiguen reunir unha axuda para os nenos e nenas que por ter nacido en outros lugares non teñen tanta sorte como eles.
Aprendemos o que é solidaridade co noso esforzó e ilusión.