viernes, diciembre 28, 2007

martes, diciembre 25, 2007

MUSEO DO MAR



O Venres 21, na Festa de Ndal, inuguramos o Museo do Mar.
No Museo, expoñemos os fondos recollidos nas nosas experiencias sobre o traballo do mar dos últimos meses.

lunes, diciembre 24, 2007

PAPÁ NÖEL

A pesares de agardar a súa vista, o son da campaíña de Papa Nöel provocou unha mezcla de ledicia e confusión antes de saír ao seu encontro. Os maiores afirmaban nerviosos non ter medo e algún pqueno non sabia se rir ou chorar pero non houbo ningún que non quixera estar presente neste fántastico encontro ( máis cerca ou máis lonxe...iso si)

domingo, diciembre 23, 2007

FESTA DE NADAL




Celebramos os aniversarios dos nenos/as que fixeron os anos este trimestre.
Previamente os seus compañeiros/as fixeronlles un agasallo para entregarlles este día: desta vez foi un bote con sal tinxido de cores.

sábado, diciembre 22, 2007

FESTA DE NADAL



Na festa de Nadal, como sempre, merenda saudable, chocolate con rosca e biscoitos, ¡mmm! algúns caseiros, feitos polas nais e avóas. Bo proveito.

jueves, diciembre 20, 2007

FESTA DE NADAL



Venres, 21 de Decembro, a partires das 12.

- Merendaremos chocolate con rosca e biscoito, preparado polas mamás.

- Celebramos os aniversarios deste trimestre. Xa están preparados os agasallos. Non digades nada que é sorpresa.

- Contaremos coa presencia de Papa Nöel na festa. A quen lle podedes facer entrega da carta.

martes, diciembre 18, 2007

CONCURSO DE DEBUXO

O Noso compañeiro Darío, acadou o 1º premio no concurso de debuxo do Programa de interculturalidade no ámbito escolar.