Esta
actividade levámola adiante coa colaboración de Aurea a nai de Antón de Nonon, nai dunha ex-alumna, Zeineba, sen elas non sería
posible este proxecto.
Obxectivos:
Coñecer
á orixe dos alimentos que comemos.
Coñecer
a importancia dunha boa alimentación para a saúde.
Coñecer
a importancia de comer bos alimentos, cultivados de maneira
ecolóxica.
Coñecer
os animais perxudiciais para a horta e buscar maneiras ecolóxicas
de evitalos. Loita biolóxica.
Coñecer
os animais amigos da horta e buscar maneiras de favorecelos.
Comprender
a importancia da biodiversidade.
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
Actividade:
-
Este ano, comezamos o traballo na horta no mes de Marzo
transplantando os amorodos que xa tiñamos e plantando
frambuesas.
Plantamos
sementes de leituga, cenoura, rabanitos e remolacha.
Máis adiante
puxemos sementes de xirasol, caléndulas e tajetes.
Plantas de Remolacha,
cabaciña e tomates.
Temos tamén
espinaca da que plantaramos o ano pasado.
- Traballamos na horta regando.
- Traballamos na horta quitando as herbas que non nos interesan, xa temos autenticos expertos en saber que plantas corresponden as sementes que plantamos.
- Xa probamos os amorodos e os rabanitos.
- Para fin de curso imos facer un taller de cociña para preparar tortas e galletas para a festa dos aniversarios do 3º trimestre.
Temos rabanitos, espinacas, cabaciñas, remolachas, cenouras.
Xa comimos amorodos.....