miércoles, mayo 20, 2020

TAREFAS PRIMARIA 20.05.20


Bos días, miñas donas e meus cabaleiros !!
        Creo que estamos a desfrutar moito do bo tempo, hai  que aproveitalo!
       Seguimos coa  Semana da Froita, e por iso escollín este problema de matemáticas  para esbozar  un sorriso. 
                    


       Hoxe o encargado é.... cha....cháaaaaannnnn.... MATEO, que nos trae a súa data, seguindo as últimas tendencias nunha pizarra, sen esquecerse das ceras nin da toalla e ofrendo ese alegre sorriso para comezar o día con optimismo.
  Mañá o encargado será Anxo.
         

Imos aló meus valentes!!

LINGUA 1º

    Hoxe leredes un poema. Lembrade! Un poema é un texto que está dividido en estrofas con versos, e ten rima. Igual que os contos da rata Luísa.  Despois de lelo, podedes escoitalo nun audio no wasaap, e responderedes unhas preguntas. 


A  continuación repasaremos os sons GL e CL con estas actividades.



LINGUA 2º
     Traballaredes un fragmento do libro “Orellas de Bolboreta” que seguro que coñecedes , e responderedes a unhas preguntas.



     Faremos un repaso dos artigos indefinidos “un, unha, uns,unhas” e volvemos a darlle unha volta aos grupos “ga,go,gu,gue, gui” que vimos estos días. Lembrade que tendes os enlaces de onte se queredes practicar eses grupos.



MATEMÁTICAS 1º


    Trabajaremos los números ordinales e practicaremos monedas y problemas.



MATEMÁTICAS 2º

  Practicaremos la multipliacación y practicaremos sumas y restas colocando los resultados en una tabla.




VALORES SOCIAIS 1º e 2º

    Hoxe imos ver un vídeo que é un resumo dun libro titulado
 “El principito”. O seu protagonista é un neno viaxeiro que percorre varios planetas onde se encontra con personaxes adultos que el non entende.


   Despois de ver o vídeo, responde a estas preguntas, de forma oral, pero pensando moito nas respostas.

            1.-Que cousas consideran os adultos como “cousas serias”?
            2. Que queremos dicir cando lle chamamos a alguén egoísta?
            3. Que debemos esixir aos demais segundo o conto?
            4. Como se comporta alguén vaidoso,” vanidoso”?
            5. Que lle preocupaba ao home de negocios?
            6. A rosa queda triste cando marcha o principiño? Por que?
            7. A quen che gustaríache domesticar?
            8. Podemos querer a alguén aínda que non o vexamos? Iso acontece no libro?
            9. Que personaxes do vídeo son amigos de verdade do principiño?

            10. Que cousas importantes deberíamos realmente desfrutar?

No hay comentarios: