lunes, noviembre 29, 2021

Rap dos dereitos dos nenos

O día universal dos dereitos do neno, que celébrase tódolos anos o 20 de novembro, é un día dedicado a tódolos nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para chamala a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concenciar as persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Por todo isto, fixen un rap dos dereitos dos nenos para que cantedes na casa, ademáis compre recordar que a vosa querida escola de Verducido é centro embaixador na defensa e promoción dos dereitos do neno.








viernes, noviembre 26, 2021

Intelixencia corporal e cinestésica

 Bo día Verducido, hoxe toca explicar a intelixencia que trata da capacidade de percibir e reproducir o movemento. Esta intelixencia identifícase nos nenos que empregan o seu corpo para expresar emocións, coma o baile e a expresión corporal. Ademáis, destacan sobre todo na parte de dramatización, en actividades deportivas, en traballos manuales para a construcción de algo, ou na axilidade ao tocar un instrumento. Pero isto non quere dicir que destaquen en tódalas actividades sinaladas.

Polo tanto, dende os centros educativos coma dende o fogar, temos a posibilidade de fomentar o desenvolvemento dos distintos tipos de intelixencias definidos polo doutor Howard Gardner, e animar o alumnado a realizar determinadas actividades.

Actividades para traballar e favorecer o desenvolvemento da intelixencia corporal e cinestésica:

-Debuxar libremente, copiar ou calcar. (e non olvidedes poñelo nome o rematar)

-No caso de que teñades na casa, ofrecer xogos de construcción. (exemplo de xogos de construcción)

-Xogar coa canción do click. Pinchade no vídeo, en canto soe a música, hai que moverse ao ritmo da canción polo espacio escollido da vosa casa, canto máis amplo e libre de obstáculos mellor. Sempre ca letra da canción di "con solo hacer click" hai que posar para a foto, cantas máis formas de posar poñades mellor. Tamén podedes facer a variante fotógraf@ - model@, e dicir, cando a letra di "con solo hacer click" un posa e o outro fai que saca a foto e na seguinte rotades os roles.




-Cos ollos pechados, meter as mans nunha bolsa e adivinar que hai nela. Canta máis variedade mellor.


-Facer papiroflexia, seguro que sodes auténtic@s artistas, pero non está de máis deixar un sinxelo tutorial para facer o típico avión de papel. (Enlace do tutorial para facer avións de papel)


-Escoitar e expresarse libremente con distintos estílos de música. Tendes os temazos do xabarín club, a banda dos cueiros, Paco Nogueiras, os cantaxogos, as bandas sonoras das pelis de animación que lles gustan @s vos@s fill@s, incluso listas de reproducción de música clásica para nenos...etc


-E para concluir, facer exercicios de relaxación; respiración e estiramentos.




Espero e desexo que pasedes moi boa fin de semana. :)

jueves, noviembre 25, 2021

Moi bos días

Moi bos días, estou seguro que as nenas e nenos de Verducido encántalles cantar e bailar, e ademáis botan de menos a súa escola, polo que aquí déixovos este vídeoclip.

Gracias a Chus pola súa participación e os veciños da escola por permitirme grabar o galo. :)





Actividades que se poden traballar ca música:


-Expresar sentimentos e emocións tras escoitar a canción dos bos días.

-Escoitar con atención diferentes sons do entorno e imitalos.

- Cantar e bailar a canción do videoclip.

-Inventar unha canción aproveitando a melodía da canción dos bos días. (aínda que sexa unha frase)

-Utilizar ritmos, seguir o ritmo da canción con obxectos sonoros que teñades por casa. (cacerola, sofá, mesa...etc)

-Facer instrumentos con materiais reciclables. (facer un tambor co bote do colacao e adornalo, por exemplo...)

-Coñecer os instrumentos da canción, estos son: Ukelele, bongós e ovo.

miércoles, noviembre 24, 2021

POR 4 ESQUINIÑAS

 Bo día a todas e todos, hoxe déixovos esta adaptación do conto "Por catro esquiniñas de nada", do autor Jérôme Ruiller, feita por nenas e nenos de educación infantil. 

Por catro esquiniñas é unha historia que fala de aceptación, de superación e de autoestima. Espero que vos guste. :)



As emocións forman parte da nosa vida, as persoas somos razón e emoción; polo tanto, sentir e expresar sentimentos é algo natural coma seres humanos que somos.

O primeiro achegamento do neno as emocións  ten que ver co mundo do gusto e do disgusto. Nas primeiras etapas, a expresión da emoción é brusca, limpia e tosca, en forma de llanto ou outras manifestacións pouco perfeccionadas. As figuras parentales son o espello de proxección de ditas emocións, e son, ademáis, a fonte da satisfacción (ou non) das necesidades do neno. Esto nos indica que tanto os pais coma os educadores debemos comprender as súas emocións e debemos axudalos a expresalas correctamente.

Afrontar esta labor de manera concreta parece difícil, pois cada neno e cada momento son distintos. No obstante, a través de contos como este, podemos recrear situacións que axuden os nenos a comprender emocións e sentimentos propios e alleos. e aprender así, a vivilos e expresalos con naturalidade.

¿Qué emocións recoñecedes neste conto?

¿Qué figuras xeométricas aparecen no conto?

¿Coñeces algunha máis?

Fai un debuxo que represente algunha escea do conto.



A continuación tendes unhas imaxes relacionadas con determinadas emocións. Observa coidadosamente cada imaxe para recoñecela emoción que reflexa as expresións faciais e corporais das persoas presentes.


¿Qué expresa a cara?

¿Cómo ves o corpo?

¿Por qué estará sentindo o que sinte? (describe a situación, inventa o que crees que lle sucedeu)

¿Qué estará pensando? (imaxina e inventa o que esa persoa estará pensando nese intre)






Aproveitando que estamos traballando as grafías dos nomes... ¿recoñeces algún nome dos créditos do final do audio conto?





Para finalizar, aproveitando que os protagonistas do conto son figuras xeométricas, plantéxovos facer un debuxo no que se represente o noso entorno con figuras xeométricas, coma o que deixo de exemplo. Por certo, non olvidedes colorear e poñelo nome. 








martes, noviembre 23, 2021

Xogamos con Pulgarcito

 A historia de Pulgarcito pódenos ter chegado a través dos irmáns Grimm ou a través de Perrault, e que saibamos aínda hai máis versións circulando. Independentemente o coñezamos por un autor ou por outro, este conto ensínanos que non se debe xudgar a ninguén pola súa apariencia. Porque, sendo enorme ou sendo moi pequeno, pódese ser moi capaz.

A continuación, déixovos unha serie de actividades para que, unha vez lido (se tendes o conto na casa) ou visto en vídeo (no enlace que deixo abaixo) podades traballar os valores implícitos nel.


Enlace do conto de Pulgarcito


¿PEQUENO OU GRANDE?

Son varios os conceptos que resultan ideais para ser traballados a través da historia de Pulgarcito, máis concretamente o tamaño, a intensidade, a velocidade, o volumen... De esta forma, a proposta consiste en poñer música na casa e variar o volumen da canción seleccionada. Así, primeiramente, pediremos os nenos que cando a música sone alta, camiñen pola casa o máis rápido que poidan (sen chegar a correr); e cando sone baixiña, camiñen o máis lento posible. De igual forma, repetiremos a actividade variando as accións: con música alta estiramos as pernas e os brazos, mentras que con música baixa facémonos pequenos encollendo o máximo o noso corpo.


FACER E DESFACER

Igual que fixo Pulgarcito na historia, gracias os migallas de pan, crearemos na casa, un percorrido no que os nenos podan facer ambas direccións. Pode ser elaborado con cinta adhesiva, que pegaremos no chan, e será máis ou menos complexo en función da idade dos cativos. Así, teremos percorridos nos que haberá que camiñar hacia atrás, dar saltos nalgún tramo concreto, camiñar lateralmente...


CONTAMOS MIGALLAS DE PAN

Se hai un elemento característico na historia de Pulgarcito ese é, sen dúbida, as migallas de pan (versión Grimm). Na imaxe que deixo máis abaixo poderedes atopar unha serie de percorridos que, os nenos terán que completar con migallas de pan, que poden ser trociños de plastilina, de arcilla, ou ser realmente migallas de pan. Así, ademáis de traballar a psicomotricidade fina, poderemos repasar o concepto de número, de cantidade, e sobre todo, ir asimilando o valor numérico.




lunes, noviembre 22, 2021

O contador de nomes


Bo día nenas e nenos de Verducido, coma sabedes, a escola vai estar pechada uns días, pero esto non significa que vaiamos a deixar de xogar e aprender ¿non si?
Aquí deixo un contador de nomes que é ideal para presentarme. 
O meu nome é MANUEL, polo que o "M" irá debaixo do 1, o "A"debaixo do 2...etc ata chegar o "L" debaixo do 6. Polo tanto, o meu nome ten 6 letras e o coloreo de azul.

Agora tócache a ti, escribe o teu nome na plantilla.

¿Cántas letras ten? 

¿De que cor coloreaches o teu nome?

¿Poderías escribir algún nome máis como o da túa nai, teu pai, irmáns, avós, amigos da escola...?

¿Cal é o nome que ten máis letras?¿Con qué cor o coloreaches?

¿Cal é o nome que ten menos letras?¿Con qué cor o coloreaches?



 

jueves, febrero 25, 2021

KILOMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN

 Hai moitos anos que participamos na carreira solidaria promovida por Save the Children

É unha magnífica oportunidade de colaborar cos proxectos de Save the Children a prol da infancia en diferentes lugares.

Temos o deber de educar na solidariedade e a empatía aos cativos  Este ano corremos polos nenos e nenas do Congo e hoxe recibimos este email que compartimos con vós.

Apreciados amigos.

El 24-02-2021 hemos recibido un ingreso  de vuestro centro.

En nombre de los niños y niñas de nuestros programas muchas gracias.

Recibiréis por correo postal un diploma para el centro y un recibí para compartir con toda la comunidad educativa.

Queremos compartir con vosotros un
¡GRACIAS ENORME! a través de este vídeo. https://youtu.be/_kqifiEjqFg



Hemos compartido vuestras fotos y actividad con nosotros en nuestro Facebook

https://www.facebook.com/EducacionSave/posts/1709201285927561

Muchas gracias de nuevo por vuestra colaboración!

 Os nenos e nenas do cole emocionaronse moito cando puxemos o vídeo e pedían que o repetira e o repetira...para ver aos nenos e nenas que axudaran  a estar tan felices.

jueves, febrero 04, 2021

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 21-22

 PRAZO DO 1 AO 22 DE MARZO AMBOS INCLUÍDOS

 


XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIDE COÑECER A ESCOLA DE VERDUCIDO!

Os martes de 16:00 a 19:00 e os xoves de 9:30 a 10:30 e de 12:00 a 13:00 vide coñecer a escola. Poñédevos en contacto con nós para concertar á visita.

 Tlfn.: 886 15 15 89

 Email: eei.verducido@edu.xunta.gal

blog http://escolaverducido.blogspot.com 

Facebook: Anpa Verducido

Dirección:Lugar de Cobadáspera, Verducido, 60 (Pontevedra)

 


 



lunes, febrero 01, 2021

FROITA NA ESCOLA


 Do 1 ao 12 de Febreiro merendamos froita na escola proporcionada polo programa do FOGGA.

Durante 1 semana ao mes, cando non hai  froita do Fogga   a ANPA proporciona froita para merendar.