jueves, abril 30, 2020

EN FAMILIA




 Recomendamos para ver En Familia este fin de semana 
 Ben y Saoirse viven en un faro, en la parte más alta de una pequeña isla, con su padre, que para protegerlos de los peligros del mar los envía a vivir con su abuela a la ciudad. Allí Ben descubre que su hermana pequeña es una Selkie, un hada del mar( según una leyenda irlandesa) una niña foca que con su canción puede liberar a los seres mágicos del sortilegio que les hizo la Bruja de los búhos. 
Película irlandesa que se pode ver enteira con este enlace.  

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=271876950421875&id=271850550424515


GALERÍA DE IMAXES

      Saray ten tempo para facer as tarefas e desfrutar da primavera facendo unha bonita manualidade con flores:





Sofía saíu tamén a desfrutar da primavera e así o conta:



Lara xoga cos nomes dos compañeir@s

Fun á escola e o carballo mandoume moitas apertas e bicos virtuais para vós. Acariñei o seu tronco e díxome que bota en falta os vosos xogos e risos no patio. Está coidando dun feixe de carballiños que naceron ao pé del



TAREFAS INFANTIL XOVES 30 de ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é XOVES 30 DE ABRIL 

Maña, é o Día 1º de Maio
Celebramos o Día do Traballo e o Día dos Maios. 
O Domingo celebramos o Día da Nai.
Fin de semana largo e moi ocupado.
Os papás van ter que botar unha man no Taller de Plástica para gardar ben o segredo.

  • 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata XUPITER
  • Contamos a modo ata 30, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.



    HOXE o encargado é NEBRÁS
  • Xogamos coas súas letras.
  • Convén comezar este xogo sen que eles vexan o nome escrito.
    Cantas sílabas ten
    Cantas letras ten? Escoitamos ben.
    Imos collendo as letras (grafías) do montón de letras
    Facemos as súas letras na caixa de grafismos ( con café, fariña, pan relado )

O LUNS  , a encargada é  LEILA 

HOXE TALLER DE SOPRO:

Boliñas de papel, algodón, plastilina, garabanzos, lentellas....
Caixa de cartón e palliñas, sopramos as boliñas sen que saían da caixa.
Imos probando, temos que soprar máis forte ou menos según o peso. 
Nun vaso poñemos auga e teñen que soprar facendo maremotos máis ou menos fortes coidando que non caia a auga por fóra.
Poñemos no fondo da caixa unha foto recortada dunha revista... eu atopei esta pero é mellor que sexa algo máis concreto e que lle diga algo a eles: animais, irmáns, pais...
Cubrimos a foto con lentellas.
Teñen que ir soprando para descubrir que é.



IMOS AGORA XOGAR COAS FIGURAS E AS CORES :

No medio dun papel, debuxamos un triángulo, decímoslle que ten que facer outro triángulo pegado a este e ímoslle decindo de que cor ten que ir facendo.  
Cando facemos o triángulo, imos contando os lados, despois cando debuxen eles, só van ter que debuxar dous o un  porque van aproveitar o que xa está debuxado. 
Xogamos co triángulo e coas cores.
A que se parece o debuxo? Cada debuxo será diferente porque cada un comezará e seguirá por un sitio diferente. Enviade os vosos debuxos.

Boa fin de semana!!!!

TALLER DE XOGO E MOVEMENTO

Bo día!!!!
Hoxe temos grupos, Estamos en Xogo e Movemento!!!!!

- Comezamos cun exercicio de relaxación, respirando
Todos sabedes como: Inspiramos polo nariz e medramos, Expiramos pola boca e encollemos. Tres veces moi ben, que relax!

  • Aprendemos unha sorte para saber quen comeza.
Pavís, pavós,
a filla do rei
casada con vós,
merda “pra” vós,
escollede vós.


Hoxe imos:
Aumentar capacidade respiratoria, importante tamén para a linguaxe
Fortalecer musculatura de ombreiro e brazo
Fortalecer musculatura torácica
Fortalecer o pé

Actividade:
Facemos coa man, 5 ou 6 boliñas de algodón ou papel, ben redondiñas, tamaño pelota de ping pon máis ou menos
- Tendidos boca abaixo, sopran sobre a boliña para que avance. Arrástranse detrás dela, apoiados nas mans. Sopran ata dez veces avanzando.
- De xeonllos coas mans apoiadas no chan, sopran e van avanzando coas mans e xeonllos.
- Sentados, dámoslles un vaso ou un cesto e teñen que coller as boliñas cas dedas e metelas no vaso. Cambiar de pé. Encher o vaso varias veces con cada pé.







Xogo corporal: pajaritos en mi ventana







TALLER DE PLÁSTICA


   
      Esta fin de semana temos unha cousa moi , pero que moi importante para facer porque o domingo celebramos “O DíA DA NAI”, así que imos aproveitar para facerlle un agasallo moi chulo e moi sinxelo.
   A ver se podemos mantelo en segredo para que a vosa nai no no saiba e así levarase unha fermosa sorpresa.
     Trátase dun neno ou nena que están abrazando a súa mamá. Mándovos os modelos de neno/nena para que vexades como son , pero a min o que me gustaría é que vos fagades o voso propio deseño que daralle mil voltas ao do vídeo. Ademais podedes pintalos cas cores que máis os gusten .
    No vídeo explica como debemos facer pero xa vedes que é moi sinxelo. Non precisades que sexa goma Eva.:
Eu fíxeno simplemente así e aquí está o meu vídeo:

https://drive.google.com/file/d/1YuwdI6MRHfKtpId1MGUEGApRgVkArYPz/view

-dúas follas de papel pegadas para que tivera máis consistencia e despois debuxei os modelos.
-Na parte de diante do modelo nena/neno, puxen un pouquiño de plástico envolto e pegueillo con celo por diante e por detrás.
-Despois fixen un pequeno corte na man da mamá para poder así engancharse ao brazo do neno.
 Podemos decoralo con recortes de revistas, la para o pelo... segundo o que teñamos na casa.

Shhhhhh,,, gardade o segredo!!





TALLER DE CIENCIAS DA NATUREZA



   Hoxe faremos o obradoiro de ciencias da natureza... e imos facer un experimento dos que tanto vos gustan, e como é necesario agardar dous días, así temos máis tempo na fin de semana. Precisaremos soamente, un ovo, un taper ou un bote e vinagre.
Aquí déixovos o vídeo onde se explica como imos facer: https://www.youtube.com/watch?v=IZJGbA6tSvY
Trátase de poñer o ovo nun bote e cubrilo de vinagre. Deixámolo así dous días, e o luns contádesme o que pasou... Xa veredes que sorprendente. Ahhh, e teredes que investigar por que ocorre ese fenómeno!
  Quero fotos do fenómeno!!




TAREFAS PRIMARIA VENRES 30 ABRIL



Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!

         Hoxe comezamos xa a fin de semana porque mañá e día festivo, que podemos aproveitar para dar un paseíño, ir na bici, no patinete… sempre respectando as normas, pensando nos demais e na natureza. Lembrades o vídeo do martes? A EMPATÍA. Sexamos empáticos poñéndonos no lugar dos demais.
                Acordádesvos que Cincenta está a agardar polo seu príncipe? Mirade agora como ela tamén ten que ter presentes as normas:

                E quen é hoxe o encargado? Cha,chaaaaaán.... ALEXANDER , moi guapo co seu novo peiteado e ca toalla a xogo ca decoración do corredor!! Como estamos poñendo o listón!! A  súa data está acompañada do noso amigo lector, obra de Alexander, moi atento ás letras e os números de cores.
                O próximo día o encargado será  Mateo.

Imos aló meus valentes !!

LENGUA 1º Y 2º


       Desde el  viernes pasado tenéis  el libro de Ajudelandia que os envié en formato de vídeo. Estas son las actividades para responder sobre ese libro. Parece que son muchas pero en realidad es todo muy sencillo.
   Si alguien no acabó, puede hacerlo este finde y para los que acabaron ésta será una forma de  comprender un poco mejor la lectura.







MATEMÁTICAS 1º


      Haremos un repaso de sumas, monedas y número anterior y posterior. Ya veréis muy fácil y cortito.



MATEMÁTICAS 2º

      Haremos tres problemas y un repaso de la tabla y centenas, decenas y unidades. Muy sencillo y breve.


PASATEMPOS 1º E 2º

      E xa que é fin de semana, déixovos pasatempos para fagades cando vos pete. Desfrutade!


CIENCIAS SOCIAIS 1º E 2º

                Onte vistes os vídeos dos incendios, as súas consecuencias e forma de evitalos. Hoxe responderedes a estas actividades en relación con iso. Se alguén se despistou dos vídeos, estes son os enlaces: 
Feliz fin de semana!!

























miércoles, abril 29, 2020

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 29 DE ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MÉRCORES 29 de ABRIL


  • 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MERCURIO
  • Contamos a modo ata 29, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.

    HOXE O ENCARGADO É MARTÍN 


  • Xogamos coas súas letras.
    É moi importante traballar os sons: conciencia fonolóxica como prerrequisito para a aprendizaxe da lectoescritura.







Buscamos as súas letras:
O adulto vai decindo o son, como empeza  Martín? MMMMMM, collemos o M, algúns xa o collen eles sós. A de Mamá, de Mateo, xa os maiores dirán que se chama EME. O máis importante e recoñecer o son e en que palabras tamén está. Primeiro cando vai o principio e despois si a ten e onde. No principio, no medio, no final.

 MAÑAN A ENCARGADA É LEILA 


Todos os días traballamos cos nomes d@s encargad@s , por que?
Porque para eles ten sentido coñecer o nome dos seus compañeir@s, é un aprendizaxe significativo, ten emoción, cariño...igual que facer os nomes da familia, da profe, das mascotas... e repetindo este xogo van interiorizando o mecanismo de codificar e decodificar: a lectoescritura con sentido.

Por que usamos maiusculas?
Porque son máis faciles de facer para eles que ainda non controlan ben o que queren facer coa súa man ( estamos aprendendo) e así poden comezar a ESCRIBIR, e tamén son máis fáciles de recoñecer; é fácil  atopar letras maiusculas polo mundo: carteis na rúa, caixas de productos do supermercado, anuncios, revistas....

Por que as facemos na caixa con café e pasamos por riba delas cos pés ou poñemos cousas enriba delas seguindo a dirección para facelas?
Porque en Educación Infantil para aprender todo pasa polos seus sentidos.




Porque en Educación Infantil hai que aprender xogando, divertíndonos e pasando ben.
Porque en Educación Infantil hai que aprender paseniño, valorando e disfrutando cada día,cada pequeno avance. 
Hai que disfrutar e acompañalos no proceso de aprender e procurar que a súa curiosidade medre cada día. 


Para rematar, imos xogar con todo o corpo:

Aramsamsam

ENGLISH TIME


Hi!

Como está o día hoxe ? (How's the weather today ?)
Nubrado ? (Cloudy ?) Chovendo ? (Raining ?)

 Escoita e repite:
 As cores tamén poden ter emocións e sentimentos.
https://www.youtube.com/watch?v=Q5Ief_KEysA&feature=youtu.be



 E agora...a wonderful song !!!
 Escoita con moita atención e aprende como se di "hello" en distintas linguas.

https://www.youtube.com/watch?v=71hqRT9U0wg&feature=youtu.be
  
Estou moi orgullosa dos magníficos traballos que estades a facer.  Very good! Congratulations! 

HAVE FUN !!!
SEE YOU !!!

EN FAMILIA

"Expertos recomiendan mantener rutinas, establecer horas de estudio y evitar el abuso de pantallas y videojuegos"

 https://youtu.be/-_sPR9OyH38 

 https://www.youtube.com/watch?v=gROUopUONL8

GALERÍA DE IMAXES 

 Aarón pasouno ben xogando aos oficios




 Lara mirouse no espello: 
 
        
       Hoxe traemos cousiñas de animais:
            Saray coa súa mascota Nevita
 

         e Sofía cun vídeo do nacemento dun pitiño.



                                     
     
Julia ensínanos a súa horta : é a flor máis bonita nese campo de margaridas.




E ten tempo de ler a súa irmá:



Saray fixo estas manualidade de reciclaxe tan bonita:


 E seguimos amosando os traballos de inglés, neste caso de Julia:




 

 

TAREFAS PRIMARIA MÉRCORES 29 ABRIL


Bos días, miñas donas e cabaleiros!

     Onte traballamos sobre o coidado dos animais, entre os que se inclúe a súa hixiene. Mirade este pobre gatiño como quedou despois do baño.



       Hoxe a encargada é ... cha, cháaaaan.. SANDRA!, que nos ensina o seu sorriso e un peiteado moi creativo con trenzas que recorda a princesa Leia de Star Wars, a que si?
     Mañá o encargado será Alexander.
















Imos aló, meus valentes!


LINGUA 1º

           Hoxe faremos unha actividade diferente. Teredes que escoitar un audio que recibiredes no wasap do grupo titulado “Entrevista”, e a continuación faredes unha actividade correspondente a ese audio.
                Como son preguntas de comprensión moi curtas, escoitaredes un segundo audio titulado “noticia” e responderedes ás preguntas :

LINGUA 2º

                Leredes un texto e a continuación escoitaredes un audio que enviarei ao wasap do grupo titulado Astropal . Pero ollo! Repito, primeiro ledes e despois escoitades. Vale?  Con esta información faredes esta actividade:

MATEMÁTICAS 1º

     Seguimos hoy con los problemas para ir cada vez con menos dificultades y vayamos entendiendo mejor el planteamiento y las operaciones que debamos realizar. Seguro que hoy saldrán de una forma más fácil.


MATEMÁTICAS 2º
   Seguimos hoy con los problemas para ir cada vez con menos dificultades y vayamos entendiendo mejor el planteamiento y las operaciones que debamos realizar. Seguro que hoy saldrán de una forma más fácil.

CIENCIAS SOCIAIS 1º E 2º

     Estudaremos o coidado da natureza, e farémolo vendo dous vídeos que son un recordatorio da visita dos bombeiros forestais ao colexio. Lembrádesvos que nos falaron dos incendios, as consecuencias e de como previlos?
      Hoxe veredes os vídeos, e mañá faremos unhas actividades: