Despois de Santos, unha das épocas de máis traballo para ela, colle vacacións e reserva un tempo para vir á escola xa que polo seu traballo non pode en outros momentos. Ven contar contos en Infantil ou participa con nós no que fagamos nese tempo.
Este ano, Alicia xa está en Primaria e pensou en explicarnos, a toda a escola en que consiste o seu traballo: de onde veñen as flores, como as transportan , como as tratan cando chegan...para que usamos as flores...Falounos de compañeirismo e de colaboración para poder estar felíz no traballo.
Temos boas noticias: xa temos outra mamá voluntaria para contar como é o seu traballo.
Será en Decembro. Faremos unha presentación ao mes.
Vai ser unha boa maneira de coñecer diferentes traballos e oficios. Temos moitos meses por diante, ide collendo sitio.
Avisamos, engancha!! É moi interesante para os que atendemos á presentación na escola pero ademáis é moi gratificante para o que fai a presentación ante público tan atento e entregado. Supón tamén unha oportunidade de reflexión sobre o propio traballo e un exercicio para contarllo a est@s pequen@s.