martes, mayo 12, 2020

EN FAMILIA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

BOS DÍAS!!!!!                         
                                              SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días, como xa sabedes,durante esta semana celebramos que o 17 de Maio é o Día das Letras Galegas. Este ano Carvalho Calero é o homenaxeado así que enviámosvos un enlace á plataforma onde os coles de Ferrol, de onde era él, dispuxeron todo o material (CONTO, MÚSICA e UNIDADE DIDÁCTICA).
 Así, En Familia, vendo e facendo cada día unha actividade, poderedes coñecelo durante esta semana especial.

 Neste enderezo está o material: http://aspitas.gal/



GALERÍA DE IMAXES

A Hugo gústalle moito traballar fóra

 A Lara gústalle moito facer sudokus, esta vez con figuras xeométricas
 Lara desfrutou moito falando con Alicia polo seu invento,aprendemos divertíndonos, alimentando a nosa curiosidade.




 Yonatan ten tempo para todo, contar, facer un bonito saúdo para Lara, cociñar.. que creo esta entre as súas preferencias. Ánimo!!!




   

No hay comentarios: