viernes, mayo 22, 2009

ENCONTRO COS MAIORES


Hoxe, recibimos a visita de Pilar e Ricardo, da Residencia de maiores
de Campolongo. Os nenos e nenas tiveron ocasión de facerlles un
montón de preguntas que eles se mostraron encantados de responder.
O encontro nenos/as e maiores resulta moi enriquecedor para estes
e coidamos moi satisfactorio para os maiores.

lunes, mayo 18, 2009

A ILLA DO DRAGÓN

Hoxe recibimos na escola unha visita e un agasallo moi especial...

Cando os rapaces de 1º de primaria tiñan 3 anos, fixeron un conto
coa profe Marisa.

Hoxe, trouxo o conto a escola: " A illa do dragón".
Fixemos a presentación e un exemplar quedou na nosa biblioteca.


sábado, mayo 16, 2009

CIENCIA DIVERTIDA



DATA : Mércores 20 de Maio
HORA: Ás 13 horas
OBRADOIROS SIMULTÁNEOS:
EI 3 e 4 anos
Conoce tus sentidos

EI 5 anos + EP 1º e 2º
Fábrica de aromas


Coidamos moi interesante desenvolver a súa capacidade de pensamento ciéntifico dende idades temperas.





viernes, mayo 15, 2009

MÚSICA NA ESCOLA. CONCERTO DIDÁCTICO





Por medio dun conto, a agrupación da Banda
Xuvenil de Barro, explicoulles aos nenos e nenas
na escola, cales son as familias de instrumentos
dunha Banda de música.

MÚSICA NA ESCOLA. CONCERTO DIDÁCTICO











Gracias a esta interesante iniciativa da Banda de Barro, teñen a oportunidade de ver e escoitar estes instrumentos, mesmo tentar tocalos....

miércoles, mayo 13, 2009

FAISE CAMIÑO. COTOBADE."A memoria do lobo"

XORNADA DE CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

O programa está a cargo dos monitores de "Ventos, estudios ambientais" cos que tanto levamos aprendido sobre respecto e coidado do medio ambiente, conxugando convivencia, aprendizaxe e lecer na natureza.

RECOMENDACIÓNS

Levar roupa cómoda para camiñar, e algunha peza de abrigo (moi recomendable algún tipo de chubasqueiro por se acaso).


Calzado cómodo e adecuado para camiñar, preferentemente xa usado. Independentemente do tempo que teñamos, parte do roteiro transcorre por zonas de regatos e pedregosas: o calzado deberá ser forte e de sola rugosa (evitar deportivas de lona ou similares).


Non todo o percorrido ten sombra: é recomendable levar algún tipo de gorra ou sombreiro, especialmente os/as nenos/as.


Os monitores levarán material de observación (algúns prismáticos, lupas, …). Recoméndase levar algún material deste tipo se se posúe, en especial prismáticos lixeiros, lupas de man, cámaras de fotos, etc.

FAISE CAMIÑO. COTOBADE."A memoria do lobo"

XORNADA DE CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

" Para educar un neno/a precisase a tribu enteira"

PROGRAMA:
Saída: sabado 16 de maio, ás 10h diante da carnicería.
Visita a varios elementos patrimoniais de Carballedo (Cotobade).
Guiado por arqueólogo profesional.
Xantar na área recreativa fluvial.
Comezo do percorrido a pé, vendo bosques de ribeira, paisaxes mixtas, pontes e o Foxo do Lobo.
Regreso a Pontevedra (chegada estimada ás 20:30 horas).

MÚSICA NA ESCOLA

O venres 15 de Maio, ás 13 horas, Concerto didáctico dunha agrupación da Banda Xuvenil de Barro para celebrar o Día das Letras Galegas.
Invitamos e animamos a todas as familias a asistir.


O martes 31 de Marzo, asistimos no auditorio de Caixanova ao Concerto didáctico " Escenas musicais" onde os alumnos/as tiveron a oportunidade de ver e escoitar instrumentos musicais.
Continuamos as actividades para formar a sensibilidade musical dos nosos alumnos/as.