“MONSTRO
COME BOLAS”
Hoxe
faremos un xoguete para practicar en familia o cos nosos amigos. Xa
veredes que sinxelo e que divertido vai ser.
Só
necesitamos:
-unha
botella baleira de auga
-a
axuda dun adulto
-uns
ollos que poden pintarse nun papel
-cola
de pegar
-unha
cartolina de cores dobrada para a boca ou
un papel dobrado ou plastilina.
Ca axuda dun adulto, cortamos a botella de auga, que será a boca do noso
“Come bolas”. Poñemos os ollos e dobramos un papel para colocar no burato da
boca, para non facernos dano na boca cortada, e pegamos esa cartolina ou papel.
Se temos plastilina, é aínda máis fácil cubrir a boca. Se nos apetece, podemos pegarlle uns brazos. As
bolas poden ser as que teñamos pola casa ou ben, como se ve na foto, facelas
enrolando papel de aluminio.
E...
xa estamos preparados para xogar intentando a ver quen mete máis bolas na boca
do monstro!! Se temos varias botellas,
podemos xogar cada persoa metendo as
bolas na súa botella co noso nome , e ao final contamos o resultado de cada un.
Tamén
o monstro serve como lugar de almacenaxe, para colocar xoguetes pequenos,
pinturas, tesoiras, cola de pegar....
Espero
as vosas obras de arte!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario