sábado, abril 28, 2012

FAISE CAMIÑO. BARBANZA

Faise Camiño. Barbanza.
"Xuntos aprendemos todos" ENDL eei.verducido

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FaiseCaminoBarbanza?authkey=Gv1sRgCKO75baDqZjr1gE

FAISE CAMIÑO



Obxectivos:
         Proporcionar á comunidade educativa a oportunidade dunha xornada de convivencia na que nos coñezamos mellor.

  • .Compartir unha xornada de lecer na que combinamos exercicio co coñecemento e desfrute do noso patrimonio natural e cultural en visita preparada por expertos nestes tema

  • Gozar realizando actividades de grupo en contacto coa natureza. Valorar a súa importancia para a saúde e o benestar, apreciar o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura e conservación, a realización de actividades ao aire libre e o contacto con elementos da natureza.







PROGRAMA

« Saida: sabado 28 abril, as 9:30 h.

« Percorrido polo contorno da Lagoa de Xuño. Observacion de aves acuáticas na lagoa.

« Visita ao Centro de Interpretacion do Castro de Baroña e a Vila de Porto do Son.

« Xantar (aprox. as 14:30) e descanso (teremos bar ao lado para cafe, aseo...).

« Visita ao Castro de Baroña.

« Pequeno percorrido a pé e descanso para merenda.

  1. « Regreso a Pontevedra (chegada aproximada as 20:30 h ).

viernes, abril 13, 2012

Wildlife Photographer 2012

O alumnado visitou está exposición para coñecer este mundo sorprendente no que vivimos xogando a ser “máis lentos que unha tartaruga.”

A continuación no taller, recortaron e pintaron un animal e tiveron que debuxar o seu habitat.


Os pequenos fixeron unha marioneta.

Obxectivos:

- Aprender a visitar unha exposición.

-Desperta-la pasión pola fotografía e a arte en xeral entre os pequenos.

-Descubrir contornos silvestres e animais salvaxes, espacios nos que ainda non interviu o ser humán.