jueves, mayo 07, 2020

EN FAMILIA


ACOSO ESCOLAR

Moito nos gusta na escola esta canción de Langui, escoitadea xuntos
Se buscan valientes
https://www.youtube.com/watch?v=omZkxy3wU1c


 Nestes dousvídeos explicase dunha forma gráfica e clara o que se considera acoso escolar,ademais de dar algunha pauta de actuación tanto se somos posibles persoas vítimas, observadoras ou agresoras nunha situación de acoso.

 https://www.slideshare.net/orientacionjuanadevega/pps-acoso-233049255?ref=https://orientacionjuanadevega.blogspot.com/

  Acoso Escolar é Violencia
:​https://youtu.be/ovja5uA1JZg 


A convivencia durante a corentena pode ser ,e está sendo ,unha oportunidade para estreitar lazos familiares ,o que nos pode servir para coñece rmáis aos nosos fillos e fillas e as súas relacións cos iguais . Podemos aproveitar este tempo para acercarnos máis emocionalmente  e observalos/as. Ademais,nun momento en que estamos utilizando máis que nunca as tecnoloxías e as redes sociais,​convén prestar atención a posibles situacións de ciberacoso, sobre todo coa rapazada de maior idade e que teña certa autonomía no seu   uso.
Lembrade que nas idades dos nosos nenos e nenas ( 3 a 8 anos) non convén que estean expostos a pantallas, entre 3 e 6 anos, menos dunha hora ao día; de 6 a 8 anos como moito unha hora.
 

●CAMBIOS QUE NOS PODEN INDICAR SUFRIMENTO DE ACOSO


●Ausencia de interese en actividades que antes eran preferidas.Cambios en hábitos.
●Altibaixos no estado de ánimo.
●Irregularidades na alimentación, cantidade e maneira de comer.
●Dependencia da presenza de adultos.Cambios no estado de ánimo
●Presenza de tristeza ou indiferenza.
●Irritabilidade.
●Pouca comunicación.
●Medo ou negativa a saír de casa ou ver compañeiros/as.Cambios somáticos
●Aumento ou diminución do peso rápido.●Dor de cabeza ou estómago frecuente.Cambios físicos
●Na linguaxe corporal (falta de contacto visual, posición encorvada)
●Doenzas frecuentes.
●Ocultamento ao falar polo móbil ou por internet.
●Lesións físicas sen explicación.

E PARA REMATAR,visionado da película:Wonder, Extraordinario - Película Completa en Español Latino Hd
 






GALERÍA DE IMAXES

   Saray e Mateo ensinan os seus traballos do Taller de Palabras e de Inglés. Magníficos traballos e moi ben rematados. A profe de plástica está encantada!!





  Saray encontrou tempo para todo:
Lara traballou un montón pasando moi ben


 Así van a faba e a pataca de Lara, pouco a pouco



 A Yontana gústalle moito cociñar
A cociña é un laboratorio onde se producen todo tipo de transformacións e os nosos sentido están moi estimulados polas cores, formas, aromas....
Traballamos a motricidade fina
Traballamos a colaboración...




Saray tamén aprende na cociña !!!!

No hay comentarios: