martes, diciembre 21, 2010

jueves, diciembre 09, 2010

OS AMIGOS CONTAN

A nai de Alba, que é hixienista dental, veu á escola a contarlles que fai no seu traballo. Escoitaron con moita atención e fixeron  un montón de preguntas interesantes. Foi seguro unha experiencia moi enriquecedora para todos.
Gracias pola vosa colaboración!!!



jueves, noviembre 18, 2010

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS/AS


Unha carreira na que este ano,  gañan os nenos e nenas de Haití.
Co seu esforzo colaboran para poder enviar unha axuda aos nenos e nenas de Haití que están en tan mala situción despois do terremoto. Corren por eles e buscan patrocinadores entre os seus familiares para os seus kilómetros de solidaridade.


lunes, noviembre 15, 2010

FESTA DO OUTONO

Merendamos queixo con marmelo que fixemos na escola cos marmelos da nosa árbore. Unhas nais asaron  castañas para a festa.
Exposición de calacús decorados e de diferentes tipos de cabazas.





miércoles, noviembre 03, 2010

CAMIÑO PORTUGUÉS. PONTEVEDRA


Os pequenos pelegrins seguiron as frechas amarelas
e buscaron as cunchas.
Seguindo a tradición do Camiño fixeron amizade
con outros camiñantes, rapaces e rapazas dos colexios
 de Xeve e Campañó. Posted by Picasa

sábado, junio 05, 2010

FAISE CAMIÑO. Sendeiro Natural Fervenza do Toxa. Carboeiro

Xornada da convivencia da Comunidade educativa.
Visitamos Castrolandín en Cuntis.
Percorrimos e observamos a natureza do sendeiro natural dende o Mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do Toxa.

viernes, junio 04, 2010

DIA MUNDIAL DO ,MEDIO AMBIENTE

Mañan, é o Día Mundial do Medio Ambiente.
Celebrámolo levando a casa para coidar dela,
 unha planta de "caravel chinés"
 do semilleiro que fixemos na escola.

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Estamos preparando a pirámide dos alimentos.

jueves, junio 03, 2010

VISITAMOS A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

Visitamos a Misión Biolóxica de Galicia que é o centro máis antigo do CSIC ( Consello Superior de Investigacións Científicas) en Galicia.
Realizan investigacións e traballos científicos relacionados cos problemas da agricultura galega.

viernes, mayo 28, 2010

OS AMIGOS CONTAN

Os amigos e amigas de 6º de Primaria do colexio Xunqueira 2, viñeron contar con teatro de monicreques feitos por eles o conto " Os tres desexos"

lunes, mayo 24, 2010

HORTA ECOLÓXICA

Sachamos as patacas e descubrimos que xa imos poder recollelas de aqui a pouco.

OS AMIGOS CONTAN

Os amigos e amigas de Finlandia enviaron a Santa Claus e a señora Santa a saudar aos nenos e nenas de Verducido para contarlle cousas da viaxe das súas mestras a Suonenjoki.

COMENIUS REUNIÓN EN FINLANDIA

Os nenos e nenas coñecen a MUUMIN o personaxe favorito da literatura infantil en Finlandia.

jueves, mayo 13, 2010

HORTA ECOLÓXICA.PLANTAMOS


- Sementamo-lo millo, as cabazas e as xudías ollo de pita que nos deran da Misión Biolóxica.
- Coidamos a horta.

miércoles, mayo 12, 2010

OS AMIGOS CONTAN

Amigas e amigos de 5º de Primaria do colexio de Xeve,
viñeron contar a historia da nosa querida amiga a cebra Camila co teatro de monicreques .

IMOS AO TEATRO

Asistimos no auditorio de Caixanova a obra de teatro:"El gusanito que quería volar"

viernes, abril 23, 2010

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do Libro, editamos na escola o " Libro das sortes".
As sortes foron recollidaspolos nenos e nenas entre as familias e amigos.
Descubriron os nenos e nenas que as sortes son unha maneira moi boa de evitar discusións entre eles.

viernes, abril 16, 2010

OS AMIGOS CONTAN

"EN ABRIL....CONTOS MIL......."
Os alumnos/as de 5 anos, contáronlle a Carapuchiña Vermella aos seus compañeiros/as de infantil.

domingo, abril 11, 2010

INTERCAMBIO CO CEIP. FROEBEL

Visitamos a cidade cos compañeiros/as de 2º curso de primaria do colexio froebel.
Obxectivos:
- Coñecemos a cidade: Biblioteca, Concello, Deputación, Audiencia, Correos,Praza de Barcelos, Mercado.
- Convivencia  cos compañeiros do colexio froebel.
- educación vial.

Coñecemos a cidade

viernes, marzo 26, 2010

XOGOS NA ESCOLA

Para a festa dos aniversarios do 2º trimestre, invitamos as familias e amigos a vir xogar á escola con nós. Así, Basia que é de Polonia, ensinounos a bota-las sortes en polaco e a xogar a un xogo de ratos que escapan dun gato e a versión polaca do xogo: "abuelita, abuelita"

Viñeron tamén nais e avoas a aprendernos os xogos da súa infancia.