lunes, mayo 11, 2020

TAREFAS PRIMARIA LUNS 11 DE MAIO

Bos días miñas donas e meus cabaleiros!!



     O próximo domingo os galegos e galegas temos unha cita moi importante. Celebramos o Día das Letras Galegas, conmemorando a todos aqueles escritores e escritoras que fixeron arte da nosa lingua. Por iso esta semana iremos falando cada día dun deses autores máis célebres.
     Agora vemos sempre nun recuncho da televisión, unha mensaxe como “eu quedo na casa” ou “xuntos podemos”, para lembrarnos esta circunstancia especial que estamos a vivir. Así, nos tamén recordaremos durante toda a semana un recuncho no noso blog. Védelo aí enriba no lado dereito?
 Hoxe, a nosa escritora máis ilustre: Rosalía de Castro.


       E para comezar a semana pensando, propoño adiviñar a quen lle caeu un dente esta fin de semana...xa sabedes de quen se trata?


         Hoxe o encargado é.... cha, cháaaaaaannnnnnn, don XAVI que nos amosa un marabilloso ceo azul, a xogo coa toalla como ven sendo a tendencia desta primavera, e a súa data escrita nun folio moi orixinal. Despois terá que limpar o cristal pero, a que mola?


Esta é a quenda para a semana, na que mañá Julia será a protagonista:

LUNS 11
MARTES 12
MÉRCORES 13
XOVES 14
VENRES 15
XAVI
JULIA
ALEX
XULIÁN
EVELYN

Imos aló, meus valentes!

LINGUA 1º e 2º
      Faremos unha actividade sobre o día das Letras Galegas, escoitando un audio que vos envío ao grupo de wasap, sobre o que despois responderes a unhas preguntas, unhas escritas e outras orais.
    E como nese audio hai poemas, traballaremos a rima. Lembrades? Rima é a igualdade de sons na última sílaba dun verso. Igual que fixemos no villancico ¡
    Para rematar recordamos como se fai unha descrición.
     Non vos asustedes que son preguntas moi curtas!






MATEMÁTICAS 1º
       Hoy haremos sumas de tres números  y seguimos haciendo problemas de sumas y restas.
Recordad que para sumar y restar tenemos que colocar las decenas en la columna de las decenas y las unidades en la columna de las unidades. Y para restar, siempre el número mayor arriba. Mirad aquí esta explicación para aclarar dudas:

Veo que hay algunos problemas la hacer la operación de la resta, por lo que os dejo un vídeo que nos sirve de repaso. Ved solamente hasta el minuto 2,50.
VIDEO DE LA RESTA :





MATEMÁTICAS 2º
       Hoy repasaremos las centenas  y seguimos haciendo problemas de sumas y restas.
Recordad que para sumar y restar tenemos que colocar las centenas en la columna de las centenas, las decenas en la columna de las decenas y las unidades en la columna de las unidades. Y para restar, siempre el número mayor arriba. Mirad aquí esta explicación para aclarar dudas:

Veo que hay algunos problemas la hacer la operación de la resta, por lo que os dejo un vídeo que nos sirve de repaso.
VIDEO DE LA RESTA :
https://www.youtube.com/watch?v=42vjqtleG9E





















No hay comentarios: