Migallas
teatro presenta o seu libro- disco “Pan de Millo”, Editorial
Kalandraka cos nenos e nenas da nosa escola no Muiño do
Portovello en Verducido.
Obxectivos:
Propoñémonos con esto que aprendan.
- O proceso para facer pan de millo. ( calquera pan de feito)
- Que o relacionen coa horta ecolóxica que temos na escola.
- Que o relacionen coas tarfeas que nestes días se levan a cabo na aldea ( recoller o millo, esfollar, debullar....)
- Que coñezan un muíño de auga, o único que moe aínda na parroquía, que saiban como se facía e que valoren o seu patrimonio.
- Que valoren o patrimonio da cultura oral a través de veciños da parroquia que acordan ir moer o muíño e todo o que arredor desta actividade se facía: Pilar Torres e José Poceiro.
- Toda a comunidade educativa aprende e educa. Implicamos á xente da parroquia na transmisión do patrimonio que lles é propio as novas xeracións a través da escola.
A
escola ten que ser dinamizadora sociocultural do seu contorno.
Competencias:
- Competencia en comunicación lingüística.
- Competencia cultural e artística.
- Competencia para aprender a aprender.
- Autonomía e iniciativa persoal.
María
e Carlos de Migallas Teatro, nos visitan no colexio e nos agasallan
co seu libro-disco: “Pan de Millo” . Xa sabemos algunhas
cancións,as cantamos con eles e probamos o rico pan de millo.
Na
segunda visita axudámoslles a esfollar e debulla-lo millo.
Aprendemos
a facer castelos de carozos.
Os
nenos e nenas traballan arreo con grande interese e seriedade.
Relacionan estas actividades cos traballos que se fan nesta época
nas súas casas.
O
venres imos ao muiño e sorpresa!!! temos unha gran festa no
muiño dan man de Migallas Teatro. Cantamos, traballamos (
esfollamos, debullamos, moemos e peneiramos) e recuperamos forzas con
pan de millo e chocolate os nenos/as e empanada e viño ( que
fixeron Pepe e a súa filla) os numerosos pais/nais e amigos/as
do cole que nos acompañaron e colaboraron para que viviramos
unha importante experiencia de aprendizaxe significativa na escola.
Gracias a todos/as os/as que o fixestes posible!!!!!!!!