O luns no taller de Ciencias da Natureza, vimos a celebración dos Maios. Por iso, aproveitaremos hoxe este taller para elaborar o noso propio maio.
Poño unhas fotos de algúns , que fixeron nenos de Vilagarcía que nos dan moitas ideas para facer o noso: podemos facelo sobre una silueta de árbore e decoralos:
-con legumes: fabas, garbanzos, lentellas,…
-con pasta: spaguetti para facer a forma da árbore, macarróns para adornos, pasta de cores..
-con follas que atopemos caídas das arbores como fondo e adornalo con papeis de caramelos , de bombóns… contribuíndo á reciclaxe
-con TAPÓNS de diferentes cores e tamaños, seguindo coa reciclaxe
-pintamos o fondo da árbore nun papel e pegamos en relevo os adornos
-incluso podemos darlle formas sen ser de árbore como o muíño que aparece ahí ou un hórreo galego.
Seguro que nos queda chulísimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario