BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!
Cal é hoxe a vosa palabra favorita en galego
A miña: parafuso, podedela dicir? Sabedes que significa? Para que serve?
Hoxe é venres 15 de maio DE MAIO
- 9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata O PLANETA TERRA
- Contamos ata 15 a modo,no almanaque
HOXE O ENCARGADO É YONATAN
Xogamos coas súas letras
O Luns, a encargada é MARTINA
Xa estamos no Planeta Terra, vivimos no
Planeta Terra!!!!
Hoxe rematamos e propoñemos que:
DESCUBRADES NESTA LISTA QUE PLANETAS
FALTAN:
MERCURIO
TERRA
XUPITER
SATURNO
Caramba, faltan 3 a ver se podes saber
cales son
debuxamos o Planeta terra paso a paso
Recomendo moi, moito que vexades esta
obra xuntos , aproveitade a fin de semana
Gaia
é un espectaculo de danza e teatro que lles ensina aos nenos e nenas
moitas cousas sobre o noso fermoso e ferido planeta
Imos
agora traballar adiviñas : co protagonista do movemento e a danza: o
corpo
Sabedes
a resposta? Sodes quen de aprendelas? Mandade un audio se o
conseguides
Adiviña
1
parecen
persianas
que
suben e baixan
Adiviña
2
Como
a pedra son duros
para
o can un bó manxar
e
sen eles non poderías, nin saltar
nin
camiñar.
Agora
vós que tanto sabedes do Sistema Solar e os Planetas
inventade vós algunha
adiviña:
Xira,
xira sen parar
arredor
de si mesma
e
arredor do sol
sabedes
que planeta é?
Xogo:
A
pegatina
Deitados
no chan en posición de estrela, a/o nai/pai vai mencionando as
partes do corpo e os
nenos/as
teñen que mostralas.
Dependendo
da idade e da súa lateralidade, podemos utilizar os termos “Dereita
e esquerda”
ou
senón “A un lado ou ao outro lado”
Por
exemplo: un brazo arriba, dúas pernas arriba, cabeza arriba, un
brazo e unha perna a un lado,
brazos
e pernas xuntos arriba e así sucesivamente.
A
primeira parte do exercicio é coma se quixesen despegarse do chan, a
pegatina busca saír, con
esforzo
e logo vaise acelerando o tempo e a pegatina finalmente se despega e
sobe do chan.
Ata o Luns, Bo Dia das Letras Galegas
Ata o Luns, Bo Dia das Letras Galegas
No hay comentarios:
Publicar un comentario