lunes, junio 13, 2011

VISITA DOS MAIORES DA RESIDENCIA DE CAMPOLONGO

Actividade: Visita dos maiores da residencia de Campolongo.

Estas persoas maiores vanlles contar contos aos meniños/as.
Organiza: ENL, de forma conxunta cos ENL dos colexios de Campañó, Lérez e Xeve.
Obxectivos: - Relacionarse coas demais persoas, de forma cada vez mais equilibrada e satisfactoria, interiorizando progresivamente as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a ellas.
               - Coñecer distintos grupos sociais próximos a súa experiencia, algunhas das súas caracteristicas, producións culturais, valores e formas de vida.
´                    - Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza baseados no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade á que pertencen.
                      - Utilizar e valorar progresivamente a lingua oral para evocar e relatar feitos; para adquirir coñecementos; para expresar e comunicar ideas, sentimentos e emocións; para facer peticións e como mecanismo para regular a propia conduta e das demais persoas.



jueves, junio 09, 2011

INTERCAMBIO CO CEI. DE CAMPELO

Grazas a tódalas nais que coa vosa axuda facedes posible que os vosos/as fillos/as poidan participar neste tipo de experiencias.

INTERCAMBIO CO CEI DE CAMPELO


OBXECTIVOS:

-Xa que a eei.verducido é unha pequena escola, trátase con esta actividade de proporcionarlle aos nenos/as experiencias ricas e axeitadas de interacción social cos seus iguais e con adultos fora do seu círculo habitual, poñendo as bases dunha socialización enriquecedora.

- Nesta ocasión, serán anfitrións, teñen que agradar aos seus convidados.

-Proporcionarlle experiencias que os estimulen e prendan a súa curiosidade, que lles proporcionen vivencias que enriquezan a súa expresión global, tales como saídas escolares, correspondencia escolar, achegamento a linguaxe audiovisual, intercambios...

-Facilita-la relación e a convivencia das comunidades escolares de distintos contornos, rural de interior e mariñeiro .

-Aprender a actuar e desenvolverse con autonomía; recoñecendo posibilidades e limitacións, desenvolvendo un axeitado nivel de autoconfianza e autoestima.

-Fomentar unhas relacións baseadas no respecto, tolerancia e colaboración.

-Propicia-la colaboración e participación de toda a comunidade educativa nas actividades da escola.

-Valoración e respecto do seu contorno e patrimonio cultural.

COMPETENCIAS: Competencia social e cidadá.

Autonomía e iniciativa persoal.

INTERCAMBIO CO CEI DE CAMPELO

Veñen a Verducido os nosos amigos/as.

Actividade: Paseo arredor do encoro. Escoitamos as ras e os paxariños, os regatos...Vimos piragüistas adestrando, vacas e terneritos, escalamos, merendamos e xogamos no parque...
Comida no parque do encoro.
E moi importante inculcar nos nosos alumn@ o hábito de facer exercicio, o hábito do tempo de lecer compartido cos amig@s facendo exercicio ao ar libre en contacto coa natureza, respectandoa e disfrutando dela....

Repoñemos forzas. Comeron como campeóns.




Descubriron novas posiblidades.
Compartiron xogos.

viernes, junio 03, 2011

ROTEIRO DOS BOLECHAS POR PONTEVEDRA

Obxectivo:
Coñecer a súa cidade: “Pontevedra é boa vila, da de beber a quen pasa....”
Coñecer as diferentes prazas da cidade.
Praza da Peregrina; A Ferrería; Praza da estrela; Praza da leña; Praza da verdura;Fonte dos tornos.....
Praza da Pedreira. Onde rematamos a visita e os agasallan cun libro
Excursión pola zona vella de Pontevedra” dos Bolechas.



Merendamos, xogamos un pouco e despois imos ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais onde nos trasladamos a Pontevedra na Idade Media a través dunha magnifica película en 3D.


Actividade previa do Roteiro dos Bolechas.Na Biblioteca:

- Escollen que personaxe dos Bolechas vai ser cada un.

E moi doado pois os coñecen moi ben e lles encantan os seus libros sinxelos onde teñen aventuras cotiás de calquera neno/a da súa idade.

-Pintan e recortan a súa carauta e escriben o nome no seu distintivo.