Actividade: Asemblea xeral
da escola.
Plan de Convivencia
Tódolos Mércores ao acabar o recreo e antes de ir á horta, reunímonos en Asemblea Xeral da Escola.
Nenos e nenas entre 3 e 7 anos.
Dende o primeiro momento participamos todos/as os alumnos/as e as mestras e todos saben que este é o momento no que podemos expoñer os nosos problemas pero tamén as suxerencias que teñamos e tamén compartir as boas experiencias.
- Para tomar a palabra todos sabemos que temos que expoñer os problemas que temos ou o que nos molesta sen dar nomes. ( seguro que o que o fixo xa o sabe e non queremos acusar públicamente senón buscar solucións e reflexión ).
Chama moito a atención como dende o primeiro momento, os pequenos/as de 3 anos sentan caladiños percibindo que imos facer algo importante. Pero o que de verdade impresiona e ver como cando un pequecho toma a palabra e ainda non ten moito que ver a súa intervención todos o escoitan en silencio, con respeto e tranquilamente pasamos a outra cousa coa axuda das mestras que lle agradecen a súa intervención.
A seguinte vez, a non moito tardar, estes pequenos empezan a intervir sabendo xa de que tratamos nesta reunión.
- As mestras intentamos intervir o menos posible, simplemente dando a palabra e conducindo discretamente: - Que vos parece esto?, que deberiamos facer ? actuou ben? que máis podería ter feito?
Falan con gran espontaneidade e a realidade é que sempre resolven os conflitos, que por suposto os hai, pero o ambiente xeral é de respeto e tranquilidade nas relacións.
Eles mesmos cando alguén non cumpre algunha norma das que acordaron na Asemblea, recórdanllo e cos pequenos/as teñen paciencia porque "ainda non saben as normas"
Observamos que cumpren moi ben as normas que eles mesmos poñen:
- Non se poden tirar os xoguetes polo aire.
-Non se pode tirar area aos compañeiros/as.
-Se alguén desfai o traballo dun compañeiro ainda que fora sen querer, ten que axudalo a volver facer......etc. etc.
Obxectivos:
Funcionamento democrático
da escola.
Participar na elaboración
das normas de convivencia: no patio, nas clases , na biblioteca.
Expoñer os seus problemas
Expoñer as súas
propostas.
Falar do que sinten, o que
lles gusta o que non lles gusta. O que lles gustaría.
Saber escoitar.
Ser capaces de acepta-las
criticas
Saber facer criticas das
situacións que lle molestan ,non das persoas
Ser capaz de expresa-las
súas queixas sen agresión.
Ser capaz de propoñer
alternativas das situacións que non lle gustan
Ser capaz de emplear un
ton de voz axeitado.
Ser capaz de respecta-la
quenda de palabra. Falar cando lle toca.
Nas aulas de Infantil dende o comezo do curso, ao mesmo tempo traballamos:
-A cohesión do grupo.Todos somos importantes e imprescindibles no grupo. Sentímonos queridos e aceptados. Sentímonos escoitados. A todos nos importa o que lle pasa a cada un.
-A identificación e expresión dos seus sentimentos e emocións:
Cada día, ao rematar a xornada, o/a encargado/a, fai unha valoración de como foi o seu día.Aprenden así a expresarse para poder resolver os seus problemas.
-As palabras máxicas que abren a porta da relación cos demais: por favor, sinto....
-A resolver os problemas eles mesmos falando cos compañeiros/as.
Deste xeito ao pouco de comezar na escola, os nenos e nenas participan activamente nesta asemblea.
Todo esto contribúe a que o clima xeral é moi relaxado e agradable e vemos como pouco a pouco aprenden a relacionarse de maneira axeitada e a resolver os problemas eles mesmos dialogando.
É moi importante manexar axeitadamente dende o primeiro momento da socialización dos nenos e nenas as habilidades sociais. Iniciámolos o antes posible no manexo destas ferramentas pois deste xeito poderán aprender felices e tranquilos.
Esto refléxase nos seus xogos no patio. Comparten xogos grandes e pequenos. Colaboran e cooperan en proxectos que duran varios días.

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Patio?authkey=Gv1sRgCKWLr5TK16LJcA
Coidamos que a axeitada socialización é un dos máis importantes obxectivos da escola na actualidade.
Asi, co acompañamento teórico dos nosos referentes: Ainscow, Summerhill, Paulo Freire, Goleman...as mestras investigamos e aprendemos como axudarlles a facelo o mellor posible.