Hoxe é Venres 22 de MAIO
-
9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata Xupiter
-
Contamos ata 20 a modo, no almanaque
HOXE O ENCARGADO É HUGO
Xogamos coas súas letras : Ola OGUH
O LUNS O ENCARGADO É NEBRÁS
Hoxe imos a repasar a lista dos compañeir@s, e imos buscar un nome que sexa máis curto que o noso, contamos as letras dos nomes para comprobar. Sorte!!!!
Hoxe imos Traballar a lateralidade que é moi importante nestas idades para prepararse para a lectoescritura. Ollade este pequeno video e descubriredes un montón de cousas para facer na casa cada día
https://www.youtube.com/watch?v=Q5LIJH-MBkU
E agora imos para a cociña
Vocabulario: imos clasificar as cousas que hai na cociña, tedes que dicir:
3 electrodomésticos e para que sirven
3 cacharros de cociña
3 pezas da vaixela
3 pezas do xogo de cubertos
3 pezas da cristalaría
Se non sabemos o significado dunha palabra, buscamos no diccionario:https://portaldaspalabras.gal
Estamos na semana da froita, que rica é
e que ben nos senta.
Hoxe facemos MACEDONIA COS 5 SENTIDOS
Repasamos con esta canción os sentidos
https://www.youtube.com/watch?v=lF0y3glPWis
1.- Escollemos as froitas para facer a macedonia.
LAVÁMOLAS BEN E AS MANS TAMÉN !!!
- Cos ollos pechados as tocamos e acariñamos para sentir como son, a súa forma e tamén cos ollos pechados as cheiramos a ver se adivinamos que froitas son'
-Abrimos os ollos para ver as súas cores e comprobar as formas que tocaramos coas mans.
- Pelamos as que o precisen
- Cortamos en anacos pequenos, observando que forma teñen os anacos, que cor e.... tachan,tachan..., a súa carabuña que gardamos para a nosa colección. Hai que ter moi bo ollo para ver a sementes dalgunha froita: plátano, kiwi,amorodo, árand....pero todas teñen semente agás as manupuladas xeneticamente: sandía sen sementes...???
- Agora por fin chega o sentido do gusto: cos ollos pechados, ide degustando cada froita e procurando saber que froita é.
https://www.youtube.com/watch?v=HeERupuicHE
Boa fin de semana, ata luns!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario