Dentro das actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas na escola,
hoxe Kiko DaSilva, presentou na escola a revista "Fiz". Fiz e o neno máis porcalleiro onde os haxa. Parece que a partir de agora cada dous meses vai a ser a revista máis agardada na Biblioteca da escola.
jueves, mayo 26, 2011
martes, mayo 24, 2011
HOXE TRABALLAMOS NO PARQUE DE BOMBEIROS
A escola, é un lugar máis onde aprender. Se queremos e preparamos os nosos sentidos, aprendemos en tódolos sitios e a tódalas horas.
Hoxe aprendemos no Parque dos Bombeiros de Pontevedra.
Dentro do noso Proxecto de traballar os Oficios das nais e pais do colexio, visitamos o Parque porque un pai traballa eiqui.
Hoxe aprendemos no Parque dos Bombeiros de Pontevedra.
Dentro do noso Proxecto de traballar os Oficios das nais e pais do colexio, visitamos o Parque porque un pai traballa eiqui.
LAND ART NA XUNQUEIRA DO ALBA
Os pequen@s artistas da escola de Verducido, visitan a Xunqueira do Alba, exploran a natureza e deixan a súa pegada artística utilizando os materias que alí atopan. Ao marcharen de alí a natureza e os visitantes da Xunqueira intervirán na súa obra, pero sempre teremos a foto da súa obra orixinal.
Estes pequen@s artistas respectan a natureza e utilizan so o que atopan polo chan.Tamén o sol, a sombra...
Estes pequen@s artistas respectan a natureza e utilizan so o que atopan polo chan.Tamén o sol, a sombra...
Preparados coa súa guía para inir o percorrido.
miércoles, mayo 18, 2011
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Actividade: -Os alumnos/as de E.P. Contanlle aos seus compañeiros/as de Educación Infantil que era o poeta Lois Pereiro axudados polos carteis.
-Actividades na pizarra dixital sobre o Día das Letras e o autor homenaxeado este ano.
-Simbolizando as Letras Galegas e o coidado que cada un lle ten que dar, levan para casa unha planta ornamental das que sementamos facendo un semilleiro.
miércoles, mayo 04, 2011
PREMIO AO COLEXIO DE VERDUCIDO
O noso proxecto: "Xogos e xoguetes,tempo de lecer"acadou un premio.
Noraboa a tod@s os que fixestes posible este traballo.!!!!
martes, mayo 03, 2011
VISITA DOS NOSOS SOCIOS COMENIUS
Agardamos impacientes a chegada a Verducido dos nosos socios Comenius. Mestr@s de Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía.
Visitaron as aulas, a biblioteca, o patio de recreo,
compartiron con nos a merenda e por suposto, a
horta ecolóxica cuxo proxecto compartimos durante
estes dous últimos cursos.
lunes, mayo 02, 2011
AXENDA DA REUNIÓN COMENIUS EN VERDUCIDO
( Maio 3, 4, 5, 2011)
EEI.VERDUCIDO
AXENDA
( 20 profesores procedentes de finlandia, italia, eslovenia e turquía)
LUNS 2 DE MAIO
Recollémolos na estación de tren ou bus cando cheguen e os levamos ao seu aloxamento no Hotel Ruas. Cea no hotel ou nalgún dos múltiples bares e restaurantes cercanos.
MARTES 3 DE MAIO
- 8:45 Reunímonos no hall do hotel
- 9:00 visita ao Mercado Municipal
- 9:30 un microbús os recollerá na parada do mercado para ir a Verducido.
- 10:00 Presentación das mestras da escola, dos nosos convidados e dos alumnos/as. Visitamos as instalacións da escola e a horta.
- 11:30 Café na escola cos alumnos/as e mestras.
- 12.30 Visita á escola de hostelería “ IES Carlos Oroza”
- 14:00 Comemos na escola de hostelería.
- 16:30 Reunión no Pazo de Cultura , Seminario nº3 . Meeting final: exposición de ppt´s cos traballos do proxecto deste curso.. Falaremos tamén dos nosos sistemas educativos, non moi formal, as nosas dudas e curiosidades sobre a organización e funcionamento dos sistemas educativos nos diferentes países socios..
- 19:00 Tempo libre para visitar a cidade, facer compras....e despois cear “tapas”
MÉRCORES 4 DE MAIO
09:00 Recollémolos no hotel, imos paseando polo casco vello da cidade
10:00 Visitamos o CEIP. “ Froebel “
- 11:00 Café.
- 12:00 12:45 Visita ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais.
- 13:00 Recibimento polo alcalde no Concello.
- 14:30 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
- 16:00 a 20:00 Visita ao Museo da salga e a pesca no Grove. Paseo polo Grove e visita a Combarro.
- A esta hora os coordinadores do proxecto reúnense para redactar a memoria final. Ao remataren encontaránse co grupo en Combarro.
XOVES 5 DE MAIO
- 9:30 O autobus que virá de Verducido, os recollerá na parada do Mercado.
- 10:00 Visita á Misión Bióloxica de Galicia, pertence ao CSIC ( Consello Superior de Investigacións Científicas – Galicia) Os profes Comenius terán unha visita guiada ao centro e os nenos/as da escola, participarán en Talleres preparados para eles polos cientificos do centro.
- 11:30 Café na Misión
- 14:00 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
- 16:00 to 18:00 Tempo Libre
- 18:30 Visita ao Conservatorio Profesional de Música Manuel “Quiroga” onde asistiremos a unhas audicións.
- 20:30 Despedida cunha merenda na cafetería do Conservatorio.
- Remataremos sobre as 11:00.
VENRES 6 DE MAIO
Á hora que o precisen levarémolos ao tren ou bus.
domingo, mayo 01, 2011
PLAN DE TRABAJO COMENIUS
PLAN DE TRABAJO COMENIUS
PRIMER CURSO ESCOLAR: 2009/2010
HORTA ESCOLAR ECOLÓXICA
- Estudio da agricultura da zona.
- Produtos do outono. Exposición de produtos propios da zona.
- Intercambio cos nosos socios de diversas sementes ou plantas.
- Toma de decisións acerca de que produtos podemos cultivar nos.
- Calendario de plantacións ( Cada país ten que facer o seu)
- Compost: iniciación da fabricación de compost que continuará ao longo do proxecto.
- Exposición teórica: charlas a alumnos e pais/nais sobre o compost.
- Preparación dos lugares nos que imos facer os nosos cultivos: xardíns , macetas
- Iniciación do diario da horta que vai seguir ao longo de todo o proxecto
- Creación do Consello da Horta: formado por persoas da comunidade escolar que poidan aportar coñecemento e experiencias ao noso traballo. Este consello continuará ao longo do proxecto.
- Cultivo de productos da zona
- Cultivo de plantas procedentes dos países socios
- Coidado das plantas cultivadas.
Alimentación saudable
- A pirámide dos alimentos
- Enquisa sobre hábitos de alimentación.
- O almorzo, almorzo saudable ( froitos secos,mel, iogur feito na escola)
- O almorzo nos distintos países socios.
- Alimentación saudable: a merenda na escola.
- A merenda nos países socios.
- Merendas na escola: outono: froitos secos,mel, iogur feito na escola)
inverno: degustación de froitos de inverno:cítricos.
- O xantar: O xantar nos distintos países.
SEGUNDO CURSO ESCOLAR: 2010/2011
HORTA ECOLÓXICA
- Recolleita dos productos cultivados.
- Estudio das causas que influíron nos resultados máis ou menos satisfactorios do noso traballo ( o clima, coidados prestados)
- Estuio comparativo do desenrolo dos productos da nosa zona e dos productos procedentes dos países socios.
- Estudio comparativo dos productos cultivados en cada país mediante presentacións en power point, vídeos...
- Exposición dos productos cultivados.
- Elaboración dunha ficha das plantas da zona: nome popular en idioma propio e idioma da asociación.nome ciéntifico, época para plantar e recollar, coidados que precisa, pragas ou enfermidades...
- Elaboración ficha de traballo para os alumnos/as na que se resuma o traballo realizado
- Cultivo da horta procurando non cometer os erros que se poideran cometer o ano anterior e que constarán no diario da horta.
- Intercambio entre as escolas das fichas realizadas das plantas.
- Exposición das diferentes fichas recibidas dos países socios.
- Elaboración dunha unidade didáctica para aplicar en tódalas áreas.
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
- Degustación dos productos da nosa horta.
- Estudio comparativo dos hábitos alimenticios dos países socios.
- Recopilación de receitas de cociña.
- Intercambio de receitas de cociña entre os alumnos/as das escolas asociadas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)