viernes, mayo 29, 2020

EN FAMILIA

Bo día!!!!
Hoxe, En familia, vos propoñemos ver unha obra de música e teatro de Magin Blanco " Gatuxo" 

Un bebé sae dunha caixa e a través dela van surxindo xogos cos  que se descubre a sí mesmo:  seu primeiro soriso, os sons, os pes, arrancar a gatear... Diferentes espazos mostran o descubrimento do mundo na vida cotiá.
Por que?
Porque aos nenos e nenas encántalles que lles contemos cousas de cando eran bebés. Igual que lles encanta  cando empatizamos con eles por algo, contándolles o que nos pasara a nós de pequenos. 

Boa fin de semana!!!!     

GALERÍA DE IMAXES

      Mirade como pode cambiar a historia a partir dunha imaxe: Xulián e Mateo nos ensinan como o fixeron nuna tarefa de primaria. Empregando a mesma imaxe,  os seus diálogos son completamente diferentes. Viva a creatividade!!








Hugo, como facemos todos, non deixa pasar o seu tempo diario de lectura, concentrado e atento


Yonatan e Lara nos mostran o ciclo da bolboreta nas súas tarefas de Infantil


No hay comentarios: