sábado, enero 08, 2022

Nadal 🎅🏼🎄



E chegou o Nadal e a ilusión á escola de Verducido! Foron uns días moi moi especiais e cheos de emoción!
Aproveitamos estas datas para seguir aprendendo contidos e mellorando as nosas habilidades.
 
Entre outras actividades fixemos:
- Escribimos e decoramos as nosas postais. Tamén lle puxemos selos e botámolas no buzón
- Fixemos chocolatinas de Nadal
- Decoramos a árbore
- Coñecemos a David, o trasno do Nadal que nos vixiou para que nos portásemos ben
- Abrimos as nosas caixas do calendario de adviento
- Tivemos regalos!!! E unha súper festa de Nadal!

Que pena que pase tan rápido!!🎄
Nadal 2021



SAMAÍN 🎃👻



Este foi un samaín terrorífico!! Cunha gran variedade de disfraces: tivemos bruxas, cabazas, monstros … e ata unha pantasma!!
Que medo pasamos!!

Para ter todo listo tivemos que sacar as nosas dotes artísticas e preparar un montón de decoracións para deixar a escola súper chula para estes días!!
- Preparamos cabazas: ao principio utilizamos unhas culleres para quitar as pepitas pero despois xa nos atrevemos a facelo coa man!!
- Pintamos e decoramos as cabazas
- Fixemos pantasmas
- Comemos froita monstruosa

… e moitas cousas máis!!

Pero o millor de todo foi a festa que nos prepararon as familias! Foi súper divertido!! 🎃👻

Samaín


SEMANA DA FROITA 🍓🥝


 
Seguindo a tradición do curso anterior, unha semana ao mes temos a oportunidade de comer froita diaria. Grazas a colaboración da ANPA que nos facilita a froita variada para poder probar e degustar na escola!!

Cada semana móstranse máis autónomos e atrévense a probar froitos novos. 

Temos moita sorte coas familias desta escola que tanto nos axudan!!


SEMANA DA FROITA


MADALENAS CASEIRAS 🧁



Neste curso fixemos un montón de actividades novas pero tamén aproveitamos para seguir con outras tarefas que xa se facían noutros anos. 
Tivemos en conta todas as nosas habilidades como cociñeiros e puxémonos a traballar!
Fixemos unhas madalenas caseiras deliciosas pero antes de papalas tivemos que levar a cabo ls seguintes pasos:
- Lavar as máns e preparar a zona de traballo  e os utensilios a utilizar
- A mestra lavou e cortou a cabaza para que os axundantes quitasen todas as pepitas de dentro
- Tomamos medida do azucre, a fariña e aceite
-Mesturamos todo xunto cos ovos e a cabaza que previamente quemtou no micro.
- Tamén lle votamos levadura

Pero o millor de todo foi… COMELAS!! Estaban moi moi ricas!! 🧁🧁

madalenas caseiras