lunes, mayo 04, 2020

EN FAMILIA


 BOS DÍAS!!!!

Son días dificiles e as veces non é fácil  
Mirade este conto que explica como se sinten @s nen@s cando lles berramos
Madrechillona


Estes dous pequenos videos nos dan algunha idea
Educar sin gritos ni amenazas

Educar sin gritos.

Este video está ben, eu cambiaría a palabra obedecer porque realmente non temos que ensinar aos nenos/as a obedecer senon a formarse para poder convivir en sociedade e ter criterios propios éticos e morais. Os pais e  profes axudámoslles neste camiño e temos que ter unha autoridade que non autoritarismo. 


GALERÍA DE IMAXES

   No día da Nai,  moitos de vós xa deixáches que vexamos as vosas obras de arte, como Sandra, Saray, Sofía, Julia e Xulián.. e ata Mateo lembrouse da súa avoa:







   Ademais, tamén estivéchedes co experimento do Ovo Saltarín , do que Saray nos fixo un titorial , e  Mateo e Julia ensináronos as fotos:

https://drive.google.com/file/d/1Y_yAiUIW5F0bhPcbIZP_Ok2rS2JVUFXr/view?usp=drive_web







 Lara e Alicia fan bolos de manteiga coa avoa
Leila recolleu pampullos no seu paseo e fixo unha pulseira e un colar para o seu dino


Yonatan xoga a oca en Familia

Tamén lle gusta facer deliciosas tortas 

Tamén ten tempo para saír a aplaudir





No hay comentarios: