martes, diciembre 15, 2020
viernes, noviembre 20, 2020
EDUCACIÓN EMOCIONAL
Participamos no programa de Educación Emocional da Fundación Meniños:
" Viaxe ao Reino das Emocións"
http://mundodemilu.org/es/ " O Reino das emocións "
http://xogoquiron.mundodemilu.org/) "Xogando con Quirón
"O xogo do Aloia" "http://mundodemilu.org/gl/30.
miércoles, noviembre 11, 2020
miércoles, octubre 21, 2020
FACEMOS PAN NA ESCOLA
Os Martes merendamos friame ou queixo con pan que facemos no cole o luns e cada semana leva unha familia para cocer na casa.
Aprendemos as:
De onde veñen os alimentos
Procesos de transformación caseiros dos alimentos.
Orixe dos alimentos
martes, septiembre 15, 2020
PLAN DE CONTINXENCIA
PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 20-21
-
O Concello instalou un lavamans na entrada da aula e outro no patio.
Antes de entrar á aula e cando saen lavan as mans.
-
Lavaremos as mans con frecuencia o cambiar de espazo ou actividade.
-
Procuraremos utilizar o xel hidroalcoholico só cando non sexa posible o lavado de mans xa que son moi pequenos.
2.-Reunión con pais e nais a comezos de curso para poder explicar a metodoloxía que empregamos: constructivismo e respecto aos procesos, para que eles poidan axudar aos seus fillos/as sen agobiarse e sen agobialos a eles.
3.-Este curso, coma sempre, non utilizamos material impreso (fichas) e en atención as circunstancias non pedimos materiais ás familias, á escola vailles proporcionar o material que precisen durante o curso.
A escola farase cargo dos gastos de todas as actividades complementarias.
1.-A ENTRADA E SAÍDA da aula será escalonada, comezando pola mañan ás 8:45 e rematando ás 9:30, a mediodía comezan a saír a partires das 13:30.
Evitamos así contacto social nas entradas e saídas
-
METODOLOXÍA NUN ESCENARIO NON PRESENCIAL.
Terase moi en conta as circunstancias familiares e as dificultades tecnolóxicas que poidan ter nas casas.
A escola pública ten que garantir a igualdade de oportunidades e o benestar emocional da Comunidade Educativa.
Contos na casa
Facilitaremos o acceso a un conto como tarefa semanal globalizada con actividades e rutinas explicadas aos pais na reunión. Farémoslles chegar videos, cancións ou pequenas actividades a través do blog, whatsapp...
Inglés
-
Enviamos unha tarefa semanal con actividades de introducción e repaso relacionadas con: rutinas, linguaxe de aula, linguaxe oral por medio de cancións e rhymes, práctica de vocabulario por medio de videos, cancións, xogos ou pequenas fichas de traballo,...
-
O sistema de comunicación que se establecerá coas familias será o blog do colexio onde se subirán as tarefas e permitirase retroalimentación das actividades propostas (a través de vídeos, fotografías, debuxos, etc.) Asemade, estarase en contacto coa titora, que é o eixo principal de comunicación.
-
AL
Os nenos que teñen apoio de AL,continuarán coa axuda e instruccións personalizadas as familias por parte da mestra.
lunes, julio 27, 2020
PROXECTO EDUCATIVO
Acompañamento respectuoso no proceso de desenvolvemento e aprendizaxe entre 3 e 7 anos.
2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria
Colaboración , cooperación e traballo conxunto en grupos de todas as idades
Por que?
Porque a rapazada aprende o que ve, o que vive. Os adultos somos modelo.
Deste xeito serán asertivos con espiritú crítico, respectuosos, empáticos, dialogantes e sentíranse felices e seguros.
Os nenos e nenas felices e seguros teñen curiosidade e moitas ganas de aprender.
Os mestres e mestras da escola facilitarémoslles oportunidades, experiencias e proxectos.
domingo, julio 19, 2020
PROPOSTAS COVID 2020-21
-
Cursos de actualización tecnolóxica para as familiasInicialos no manexo de Abalar, webex e traballo na aula virtual así como outras ferramentas tecnoloxicas que lles poidan dar máis competencia dixital para facilitarlles a axuda aos seus fillos/as
-
Detectar as necesidades e procurar a maneira de facilitarlles o acceso a equipos e conectividade.
-
Reunión con pais e nais para poder explicar a metodoloxía que empregamos: constructivismo e respecto aos procesos, para que eles poidan axudar aos seus fillos/as sen agobiarse e sen agobialos a eles.
-
Proposta de facer na casa unha caixa para pandemia na que lles imos suxerir materiais interesantes para ter sempre na casa para poder traballar/xogar aprendendo(folios, ceras, pegamnto, tesoiras...,etc.)
-
Recomendar tamén que na casa teñan xogos de mesa para xogar en familia, que son moi atractivos para eles e moi bos para desenvolver habilidades e competencias:oca, parchis, scrabble,dominó, cartas,moi recomendable ter un xogo de construcción con pezas sinxelas pero multiusos, contos, música, puzzles e xogos educativos.
-
Contamos con aulas espaciosas, luminosas e ben ventiladas onde podemos garantir distancia social razonable así como espazos no exterior para poder continuar utilizando como espazos para a aprendizaxe: horta, patios, soportais.
-
O Consello Escolar solicitou ao Concello lavamans exteriores para poder lavar as mans antes de entrar nas aulas, tanto á chegada á escola como cando entramos de traballar fóra da aula ( debido a curta idade do noso alumnado é moito máis conveniente que a utilización de hidroxel) O Concello vaino a facer no mes de agosto así como melloras no patio na liña que seguimos de patio inclusivo.Tamén se vai poñer rego na horta e outros pequenos arranxos solicitados.
-
Tanto o material didáctico como o material dos espazos exteriores utilizado cada día se gardará e desinfectará en caixas de cartón cada día, non volvendo a utilizar este material ata pasados 4 días que parece sería o tempo que o virus se podería manter activo.
viernes, julio 10, 2020
sábado, junio 20, 2020
viernes, junio 19, 2020
FESTA E DIARIO EN FAMILIA VENRES 19 DE XUÑO
A ver se sabedes de quen son eses grandes ollos que despexan a tormenta?
DESPEDIDA VENRES 19 DE XUÑO
¡Hola pequerrechos/as y familias!
Parece como si hubiese sido ayer pero ya han pasado nueve meses desde que empezamos este curso. Ha pasado volando, quizás más rápido de lo que nos hubiese gustado pero hemos aprendido un montón.
Nos hemos echado de menos, nos hemos acordado de los talleres, de los momentos en el patio, de lo rico que sabe nuestro pan casero...ummm!
Os felicitamos por:
- vuestro esfuerzo por quedaros en casa, os habéis portado como campeones/as,
- hacer las tareas y mandarnos unas fotos tan chulas,
- y por ser tan especiales.
Toda despedida merece una gran fiesta como la que hemos estado preparando durante esta última semana y como a todos/as os encantan las fiestas no habéis faltado ninguno/a.
¡Qué grupo de guapetones y guapetonas!
Y... colorín colorado
este curso se ha acabado,
Y...colorín colorete
un beso enorme en el moflete