miércoles, mayo 13, 2020

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 13 DE MAIO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MÉRCORES 13 DE MAIO

  • 8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata a NEPTUNO 
  • Contamos ata 13 a modo,no almanaque
Hoxe o encargado é LUIS ÁNGEL 
 

 Disculpade porque me confundín cos encargados , procurarei non volver facer máis porque sei que é molesto.

Mañan a encargada é LUCÍA


Hoxe imos visitar NEPTUNO, o Planeta do frío


Sabedes que na mitoloxía romana Neptuno é o Dios das augas e os mares?
Lembrades algunha película na que aparece Neptuno?
Investigamos en que lugares da casa hai auga?
De onde ven?
Por onde pasa?
Para que usamos a auga na casa?
Que pasa cando a auga está onde non ten que estar?

Cantamos e bailamos : 
Nadando sen parar. Mamá Cabra
https://www.youtube.com/watch?v=nQl8DXdgNK4


Imos xogar hoxe coa alfombra de números
Poñendo un número en cada cuartilla ou cartón, facemos a nosa xeitosa alfombra de números.
Colócase cos pés xuntos no número 1 e vai saltando cos pés xuntos en orde ata chegar ao 0
Decimos un número e ten que saltar cos pés xuntos ata él.
Robot:
Vámoslle dando ordes: vai ao que esta ao lado, á dereita , detrás,etc e cando está no número ten que decir que número é














 PAPIROFLEXÍA  FACEMOS UN RAPOSO
https://www.afundacion.org/es/afundacion-en-casa/recurso/papiroflexia-en-casa-con-jorge-pardo.-hacemos-un-zorro





ATA MAÑA!!!!!

No hay comentarios: