jueves, febrero 11, 2010

DIA DA PAZ. ÁRBORE DA PAZ

Árbore da paz.


Cada neno/a recortou a súa pomba da paz.

Reflexionamos sobre as condicións necesarias para a paz.

Cada un escribiu na súa pomba algo que lle parecía importante para que haxa paz: alimentos, familia. 

Poñemos as pombas na arbore da Paz, na biblioteca.

miércoles, febrero 10, 2010

HORTA ECOLÓXICA.GRUPO DE TRABALLO

As mestras e mestre da escola estamos traballando
nun grupo de traballo:
"O traballo da horta ecolóxica como recurso didáctico.
 A pizarra dixital."


Hoxe dentro deste programa de formación
visitounos Eliseo Castro, profe do centro de
actividades agrarias " A granxa" en Ponteareas.
Resolveunos algúns problemas, deunos ideas e
despexamos dúbidas.
 
Xa aplicamos varios consellos:
Entitorado dos chícaros con ponlas no lugar de malla de plástico.

Trampa para recoller caracois que se agochen debaixo da tella.
Trampa para caracois que veñan beber cervexa.
Despois podemos darllos as galiñas.

                                                                                                                                                                                

martes, febrero 09, 2010

HORTA ECOLÓXICA. QUEN COME OS CHÍCHAROS

Quen come as follas dos chícharos?
Os nenos/as suxiren que pode ser :
un caracol, paxaros...
Ten que ser un animal vexetariano...
Botámoslles veneno?
A nosa horta é ecolóxica!!!
Propoñen poñer trampas para
topar ao culpabel.
Por que comen so as da parte
menos soleada...?
Por que non comen
os grelos?

HORTA ECOLÓXICA

lunes, febrero 08, 2010

DIA DA PAZ.WANGARI MATHAI

Da man dunha nai,dentro do noso programa da biblioteca "Os amigos contan", achegámonos a figura de Wangari Mathai
Premio Nobel da Paz.

Muller que planta arbores da Paz en Kenia.

miércoles, febrero 03, 2010

HORTA ECOLÓXICA. BICHOS NA HORTA

Cando levamos ao composteiro as mondas e restos da merenda, topamos estes bichos na horta.
Sabes que son, ´como se chaman?