A
EEI. De VERDUCIDO, escolariza nenos e nenas dende 3
a 7 anos ( 2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria).
O
horario é de 9 a 14 horas.
Se
algunha familia o precisa temos un plan de garda para que os nenos/as
poidan quedar na escola ás 8:45.
Non
temos servizos complementarios: transporte nin comedor.
Os
martes pola tarde poden acudir á Biblioteca.
Plan
de acollida e adaptación para os nenos e nenas e as súas familias:
A
partires do 26 de marzo podedes vir cos nenos e nenas á Biblioteca
da escola de 4:30 a 5:30 da tarde. Durante o mes de xuño, poden vir
ao recreo de 11:30 a 12:00. Non é obrigatorio asistir sempre pero
aconsellamos vir algunha vez para que tanto eles como vós nos
coñezades e que no mes de setembro sexa máis doado para todos esa
separación para comezar unha nova etapa na vida de toda a familia.
Vos
convidamos a visitar o colexio os martes 19 e 26 de febreiro pola
tarde de 4:30 a 5:30 para que nos poidades coñecer mellor.
Teléfono:
886151589
O
noso Proxecto Educativo
-
Proporcionar un desenvolvemento armónico aos nen@s
autonomía.
-
O respecto e o diálogo son a unidade de medida nas relacións entre
todos os membros da Comunidade Educativa. Educamos aos nenos e nenas
con respecto e diálogo para que aprendan a respectar e dialogar.
-
Acompañamento, estimulación e motivación ao alumnado no proceso
de aprender a aprender e construir o seu coñecemento e adquisición
das ferramentas instrumentais ao longo de toda esta etapa,
respectando a diversidade e os seus ritmos de aprendizaxe.
-
Consideramos educativos todos os espazos e todos os tempos na
escola. Valoramos e aproveitamos a localización no medio rural pola
importancia do contacto, xogo e aprendizaxe na natureza.
-
A nosa escola é unha Comunidade Educativa na que todos aprendemos e
ensinamos, actuamos como dinamizadores socioculturales do contorno.
-
Favorecemos a complicidade familia- escola tan importante para un bo
desenvolvemento dos nenos e nenas fomentando a
participación,colaboración e implicación das familias.
Contamos
con:
-
Unha
Biblioteca chea de bos libros que nos acompañan no descubrimento do
mundo, cultural e emocionalmente.
-
Un
patio cheo de area,cubos,
camións,
troncos,árbores,cociña…. que conseguen que os nenos e nenas
salgan ao patio todos os días con proxectos novos para levar
adiante colaborando e xogando xuntos grandes e pequenos.
-
Unha
horta ecolóxica que atendemos
coa colaboración das nais. Aprendemos de onde veñen os nosos
alimentos, a importancia dunha alimentación saudable e o respecto
ao medio ambiente e a biodiversidade.
-
-Estamos
moi preocupadas porque os nenos e nenas vexan a importancia dunha
alimentación saudable. Facemos pan e iogur na escola para merendar,
temos un menú de merendas para a semana. Nas festas ofrecemos
froita e
-
Un
Plan de Convivencia enfocado na prevención:
-Facemos
Asembleas periódicas con todas as alumnas e alumnos onde expoñen
os seus problemas e preocupacións e buscamos solucións entre
todos.
-Traballamos
en Talleres ( Horta, cociña, plástica, Música, Xogos
Cooperativos...)nos que traballan en grupos nos que hai alumnos /as
de 3 a 7 anos, xuntos , colaborando e aprendendo todos de todos.
-Un
plan para que os maiores acompañen aos pequenos nas saídas fóra
da escola.
-
Educamos en igualdade aos nenos e nenas.
-Un
plan
de mediadores e vixiantes do patio para axudar a resolver conflictos
e ver que ninguén estea só e triste no patio.
-
Xuntos,
aprendemos todos é un plan da escola para fomentar a participación
das familias
-
Os
amigos/as Contan
: Os nais e pais están convidados a vir contar contos, explicar en
que consiste o seu traballo ou calquera cousa interesante que
queiran compartir con nós.
-
Colaboración na horta e actividades relacionadas.
-
Participación nas festas da escola
-Xornadas
de convivencia da Comunidade Escolar ( familias e mestras) un
sábado a comezos de curso e outra na primavera.
-Visita
ao Salón do Libro e
outras exposicións ou actividades interesantes algún
día pola tarde
con
familias e mestras.