lunes, mayo 04, 2020

TALLER DE CIENCIAS SOCIAIS





     O día 2 de maio que acaba de pasar, celebramos “O Día Internacional do Acoso Escolar”.
      Que significa “ACOSO”, ou tamén chamado “Bullying”? Para entendelo, imos ver unha pequena curta de vídeo que se chama :               “El club de los valientes".
https://www.youtube.com/watch?v=hwRHH23jdi8


Imos responder unhas preguntas , podedes facelas oralmente, pero sempre pensando moito na nosa resposta:

PREGUNTAS
1.       Cales son os personaxes do conto?
2.       Que lle fixo Samuel a Alan?
3.       Por que Alan non dixo a verdade ao seu profesor?
4.       Cres que Alan tiña medo?
5. Que pensou Alan cando se enfrontou a Samuel?
 6. Por que os nenos lle chamaron  covarde?
 7. Por que Alan dixo aos compañeiros quen non debían pegar  Samuel?
 8. Que poderiamos facernos se nos pasa isto?
 9. Que lle dirías ti a Samuel se te molesta?
  10. Con quen podes falar cando tes medo a alguén?
11. Que dirías que é o ACOSO?



    No conto, os nenos crearon o seu propio escudo para loitar xuntos contra quen nos molesta, porque a forza de todos xuntos, debilita a quen nos fai mal.

    Nós tamén imos crear o noso, e como todos os escudos representan cousas que queremos destacar, farémolo con cores e con símbolos que teñen significado que está máis abaixo.
   Cada un escolle os símbolos que máis lle gusten, recortádelos e pegádelos no escudo valeiro, xunto con este lema:
 “O Covarde usa a forza, o valente usa a palabra”. 

Despois pintades o escudo da cor ou cores que escollades. Aquí vos poño como me quedou o meu:

 
Tendes o modelo do escudo e os símbolos para recortar.


    Para cores:
                -Azul: xustiza
                -Vermello: valentía
                -Verde: esperanza
                - Amarelo: traballo
  Para os símbolos:
* Antorcha: Luz
* Avestruz: Resistencia
* Árbore: Manterse de pé.
* Castelo: Protección
* Curuxa: Sabedoría
* León: Valentía.
* Oso: Forza
* Pomba: Paz
* Espada: Defensa da xustiza
* Estrela: Amante da verdade






No hay comentarios: