Bos días miñas donas e meus cabaleiros!!
Estamos a comezar o mes de Maio, e xa sabedes que hai refráns que se
refiren a moitas cousas que nos rodean, por exemplo aos meses do ano.
Déixovos
aquí dous refráns relativos a este mes e teredes que investigar que quere dicir
cada un. Fixádevos en dúas cousas:
-Onte fixo moi bo
tempo, verdade? pero aínda estamos en maio.
-As palabras: saio e trebón.
Hoxe o encargado é….cha..cháaaaannnn, MATEO!!, que nos trae a súa data cunha pintura moi
chula e moi primaveral.. o pobre ven ca lingua de fóra da calor que está a
pasar, aínda que moi ben protexido do sol ca súa gorra. Mágoa que esqueceu a
toalla! Mecachis! A ver con que vai secar a suor!
Esta é a quenda de
encargados para a semana:
LUNS 4
|
MARTES 5
|
MÉRCORES 6
|
XOVES 7
|
VENRES 8
|
MATEO
|
ANXO
|
SARAY
|
SOFÍA
|
SARELA
|
Imos aló, meus
valentes !!
LINGUA 1º
Faremos actividades de formar parellas e de
saber escribir cando somos un ou máis de un.
LINGUA 2º
Estudaremos o
presente, é dicir, o que estamos a facer agora, o que fixemos onte e o que
faremos mañá: o presente, o pasado e o futuro. E tamén un exercicio de
contrarios.
MATEMÁTICAS 1º
Seguiremos trabajando las decenas y unidades, sumas y número mayor y
menor.
MATEMÁTICAS 2º
Seguiremos trabajando con sumas y restas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario