Hoxe venres, merendamos mazá dentro do programa de reparto de froita na escola.
Ademais probamos a granada, a chirimoia, a feijoa e a guayaba fresa.
A guayaba fresa e a feijoa déronnolas na Estación Fitopatolóxica do Areeiro para degustalas na escola.
Convidamos as familias a degustar estas froitas na escola.
http://youtu.be/qYU4m2h2758
viernes, noviembre 30, 2012
miércoles, noviembre 28, 2012
martes, noviembre 27, 2012
lunes, noviembre 26, 2012
domingo, noviembre 25, 2012
Semana da ciencia
Antonio de Ron, ciéntifico da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, visita ao noso colexio para dar a coñecer ao alumnado como é o traballo dun cientifico e a repercusión e importancia que ten o seu traballo na nosa vida cotiá.
Neste caso, explícalles, investiga sobre os cultivos e como facer que produzan máis e mellores froitos, máis saudables.
martes, noviembre 20, 2012
FESTA DE OUTONO
Os calacús foron moi terroríficos e orixinais.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FestaDeOutonoCalacus?authkey=Gv1sRgCI3F_-bB4Y73HA#5812992762486008210
As árbores do patio nos proporcionaron os mellores adornos para as nosas coroas da festa de outono.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FestaDeOutono?authkey=Gv1sRgCNHNs9-O_YGjrQE
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FestaDeOutonoCalacus?authkey=Gv1sRgCI3F_-bB4Y73HA#5812992762486008210
As árbores do patio nos proporcionaron os mellores adornos para as nosas coroas da festa de outono.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FestaDeOutono?authkey=Gv1sRgCNHNs9-O_YGjrQE
A importancia da alimentación. A orixe dos alimentos: Alimentos de orixe vexetal.
INTRODUCCIÓN
Despois de que o curso pasado traballaramos os alimentos de orixe animal, este curso para completar o ciclo nos plantexamos traballar sobre
os alimentos de orixe vexetal.Consideramos importante este traballo para preparar ao noso alumnado para ser capaces de escoller unha
alimentación sá, variada e equilibrada ( educación para á saúde e educación para o consumo ).
Queremos que o noso alumnado coma máis froita e verdura e sabemos que a estas idades aprenden o que ven e o que practican, é por iso que
nos pareceu oportuna a participación neste proxecto.
O noso obxectivo fundamental é que coman habitualmente froita e verdura e con este proxecto interdisciplinar ímoslles ofrecer múltiples
oportunidades e razóns para facelo.
OBXECTIVOS
- O noso obxectivo fundamental é que os nenos e nenas coman habitualmente froita.
- Concienciar as familias da importancia de que os nenos e nenas coman froita de maneira habitual.
- Identificar a orixe dos alimentos: vexetal e animal.
- Recoñecer a necesidade dunha alimentación sá e variada.
- Recoñecer que nos relacionamos co contorno a través dos sentidos.
- Adquirir hábitos de alimentación saudables.
- Identificar os sentidos.
- Relacionar cada sentido co órgano correspondente.
- Adquirir hábitos beneficiosos para a saúde.
- Recoñecer a necesidade dos traballos dos agricultores e gandeiros para a obtención de alimentos.
- Respectar e coidar as plantas.
ACTIVIDADES:
Todo o curso:
- Traballo na horta ecolóxica.
- Mochila viaxeira con libros e información para as familias sobre alimentación.Cada semana viaxa á casa dun alumno/a, no caderno da mochila
deixan anotadas as súas impresións...
- Charla interesante sobre alimentación para as familias a poder ser a cargo dalgún membro da comunidade educativa.
1º Trimestre
- - Reunión coas familias para presentarlles o proxecto e solicitarlles a súa participación, colaboración e complicidade.
- Festa do Outono: Xornada de convivencia da Comunidade Educativa o sabado 17 de Novembro no Pontillón. Exposición e degustación de
froitas de Outono, asamos castañas.
- Asistimos ao teatro: "Magic Beans" o 13 de Novembro.Obra de teatro en inglés sobre un conto popular relacionado co tema.
- Visitamos o Mercado Municipal.a venda. 13 de Novembro.
- Reparto de froita entre o 26/11/2012 e o 02/12/2012
- Xogo dos 5 sentidos coas froitas repartidas cada día.
- Coa axuda das familias, o último día faremos brochetas coas froitas repartidas.
- Problemas de alimentación: a celiaquía. Charla para o alumnado e as familias a cargo da Asociación de celíacos de Galicia. Temos un neno
celíaco.
2º Trimestre.
- Reparto de froita entre o 18/02/2013 e o 24/02/2013.
- Xogo dos 5 sentidos coas froitas repartidas cada día.
- Coa axuda das familias, o último día faremos macedonia de froitas.
- Traballaremos na Biblioteca o libro de Carlos Fontes: "Poemas con piruleta" invitamos ao autor a compartir as súas impresións cos nenos/as o
Día do Libro.
3º Trimestre.
- A pirámide dos alimentos.
- Visitaremos en Maio a zona de fruticultura do Areeiro.
METODOLOXÍA
- Zona de desenvolvemento próximo:
Ir proporcionándolles aos alumnos/as experiencias e actividades que lles fagan dar o paso ao seguinte estadio: conflictos cognitivos.
- Asegurar a construcción de aprendizaxes significativas:
Os novos contidos han de relacionarse de xeito significativo cos que os alumnos xa saben, chegando a integrarse na estructura cognitiva do
individuo e sendo capaz de modificar a estructura citada.
- Aprender na acción :
Os nenos serán os principais protagonistas da súa aprendizaxe, para o que levarán a cabo tanto unha actividade manipulativa coma
intelectual.
- Afectividade:
Ofreceráselle aos nenos un clima cálido, seguro, onde se sintan queridos, aceptados e onde poidan ser eles mesmos, actuando con liberdade
e aportando ideas para colaborar no proceso educativo.
- Aprendizaxe cooperativo:
Aprendemos en colaboración cos nosos compañeiros/as nunca en competencia cos outros.
- Complicidade escola-familia:
É importante que a escola busque e manteña unha axeitada e estreita relación coa familia, para que os dous ámbitos que máis inflúen na
educación dos nenos colaboren na transmisión de coñecementos e non haxa contradiccións que dificulten a correcta adquisición das
aprendizaxes axeitadas.
- Desenvolver a creatividade nos nenos/as:
Daremos sempre prioridade á resposta do alumno/a, non esperando respostas "correctas", respostas únicas e estereotipadas.
- Prevención e compensación desigualdades:
Propoñendo, ao longo de todo o proxecto, diferentes actuacións dirixidas á diversidade de peculiaridades persoais, momentos evolutivos e
ritmos diferentes de aprendizaxe.
A escola tentará compensar as desigualdades de partida. Os nenos/as non escollen as familias onde nacen nin as súas peculiaridades,
características e circunstancias. A escola pública ten que intentar ser o lugar onde se poidan compensar esas desigualdades, nunca
AVALIACIÓN:
- Comprende e valora a necesidade de levar unha dieta sá.
- Clasifica os alimentos segundo sexan de orixe animal ou vexetal.
- Recoñece a necesidade de tomar un bo almorzo.
- Identifica os cinco sentidos e relaciónaos cos órganos correspondentes.
- Explica o que percibimos con cada sentido.
- Recoñece que os agricultores e gandeiros traballan para obter alimentos.
- Identifica as actividades que realizan as persoas para cultivar plantas.
- Recoñece as plantas como fonte dalgúns alimentos.
- Respecta e coida as plantas.
- Recoñecer algunhas manifestacións culturais presentes no ámbito escolar, local e galego, valorando a súa diversidade e riqueza.
domingo, noviembre 18, 2012
XORNADA DE CONVIVENCIA
Pese a ter que suspender a xornada por mor da chuvia, achegáronse á escola algúns ex alumnos/as e profes que disfrutaron compartindo as súas lembranzas e vendo os cambios na escola.
Acordamos adiala e convocar para máis adiante, a ver se tempo axuda.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/XornadaDeConvivencia?authkey=Gv1sRgCI_f0NWFxLTNnQE
Acordamos adiala e convocar para máis adiante, a ver se tempo axuda.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/XornadaDeConvivencia?authkey=Gv1sRgCI_f0NWFxLTNnQE
martes, noviembre 13, 2012
TEATRO. "MAGIC BEANS"
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/MagicBeansTeatro?authkey=Gv1sRgCO7-gOnHnubNjwE
Asistimos
no Pazo de Cultura a representación do conto
popular inglés: “Magic beans”
Con esta actividade pretendemos desenvolver no noso alumnado as seguintes competencias:
- Competencia en comunicación lingüística.
- Competencia cultural e artística.
- Autonomía e iniciativa persoal.
Obxectivos:
-Que o noso alumnado se acostume a asistir
a espectáculos e actos culturais e que aprenda a comportarse, gozar e
relacionarse noutros contornos e con outras persoas.
-Disfrutar
dunha representación teatral en inglés.
VISITAMOS A PRAZA
Actividade:
Competencias:
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/VisitaAPraza?authkey=Gv1sRgCJ-knbXV1tPqlgE
Visitamos
a Praza de Pontevedra.
- Competencia social e cidadá.
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Obxectivos:
Coñecemos
a praza.
Coñecemos
onde e como se venden os alimentos.
A
orixe dos alimentos que estan á venda: animal ou vexetal...
O
nome dos postos segundo o que venden.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/VisitaAPraza?authkey=Gv1sRgCJ-knbXV1tPqlgE
jueves, noviembre 08, 2012
COÑECEMOS OS COGOMELOS
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Cogomelos611?authkey=Gv1sRgCI6M0YnQw5O6XQ
Grazas a Jaime Blanco polo seu acompañamento amable e experto.
Grazas a Jaime Blanco polo seu acompañamento amable e experto.
miércoles, noviembre 07, 2012
XORNADA DE CONVIVENCIA
SABADO
17 :
Festa do Outono no Pontillón.
Avisade a quen consideredes que poida estar interesado/a
Celebraremos
unha xornada de convivencia da Comunidade Escolar á que están
convidados tamén antigos
mestres/as do colexio e ex alumnos/as e as súas familias.
Programa:
12:30
a 13:30. Xornada de Portas abertas na escola.
Os
ex alumnos/as que queirades podedes visitar á escola. Ten
cambiado moito nestes últimos anos.
Tamén
poden achegarse todas aquelas persoas que non coñezan á
escola e a queiran visitar.
13:30.
Comida na área de recreo do Pontillón do Castro.
Cada
un leva a súa comida.
Traede
unhas poucas castañas picadas para asar.
16:00.
Visita guiada polo paseo do encoro a cargo de monitores de Ventos
“Estudios Ambientais” cos que facemos habitualmente a actividade:
“Faise Camiño”.
Ao
rematarmos o paseo, comeremos castañas asadas.
EXPOSICIÓN DE COGOMELOS
Ata o venres 8 de Novembro, podedes visitar na aula de usos múltiples a exposición de cogomelos.
Esta exposición é o resultado final do traballo na escola de Jaime Blanco Dios, membro da Asociación Micolóxica Brincabois que deu unha charla ao alumnado da escola sobre os cogomelos do noso ámbito e os seus nomes.
Jaime Blanco, visitará tamén os colexios de Lérez, Xeve e Campañó nun proxecto dos ENDL dos nosos centros en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Cada obradoiro comeza cunha introducción á micoloxía adaptada a idade do alumnado, unha recollida de cogomelosno monte máis cercano á escola e, finalmente, a montaxe dunha exposición dos cogomelos recollidos co seu nome científico e o seu nome galego.
Esta exposición é o resultado final do traballo na escola de Jaime Blanco Dios, membro da Asociación Micolóxica Brincabois que deu unha charla ao alumnado da escola sobre os cogomelos do noso ámbito e os seus nomes.
Jaime Blanco, visitará tamén os colexios de Lérez, Xeve e Campañó nun proxecto dos ENDL dos nosos centros en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Cada obradoiro comeza cunha introducción á micoloxía adaptada a idade do alumnado, unha recollida de cogomelosno monte máis cercano á escola e, finalmente, a montaxe dunha exposición dos cogomelos recollidos co seu nome científico e o seu nome galego.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)