Semana da froita: Receitas
Hoxe batidos : estas deliciosas receitas nolas dou a nai de Anxo Hermida o ano pasado e non nos dou tempo de preparalas. A ver si agora si...
Sentidiño I
Durante esta semana seguiremos tratando distintos temas relacionados coa orientacióneducativa a partir de palabras significativas, bonitas e fermosas da nosa lingua. E hoxe ímolo facer...con sentidiño.
Sentidiño que temos que ter máis que nunca para continuar "desescalando" e volver á"nova normalidade".
Cando nós falamos de ter sentidiño, falamos de actuar con...RESPONSABILIDADE.
É importante que fomentemos este valor nos nosos fillo/as,quen esta situación pola que pasamos estanos dando moitas lecións seguindo as normas fixadas de forma exemplar.
Apostando por ensinarlles a ser responsables favorecemos que:
●Sexan persoas capaces de traballar e esforzarse para poderacadar os seus obxectivos e os compromisos que posúan.
.●Sexan disciplinados nas distintas facetas da súa vida.
●Consigan que os demais confíen neles e nas súas capacidades.
Un excelente recurso para falar deste valor son,coma sempre,os contos:
Paco Papan
https://youtu.be/X8Bl9HY55sk.
GALERÍA DE IMAXES
En Infantil, merendamos variedade de froitas
Como vedes en Primaria a froita estrela parece que foi a sandía....Ummmm, con este calor que xa imos tendo, que fresquiña, que rica!!
Evelyn, Xulián e Saray así o contan. Mateo prefiriu o plátano, ademais gústalle ata en inglés! Alexander tomou unha mazá.
O día de onte para Mateo foi moi completo: desfrutou da visita virtual aos museos, leu un libro de Van Gogh e fixo deporte.
Xavi e Xulián quixeron amosarnos a súas obra de arte, versionando á Menina, e Xaviconverteuna nada menos nunha LADYBUG! Que chulada!
Onte propuxemos facer un plano da nosa cociña, o laboratorio da casa e Lara fixoo moi detallado pero ademais explicouno todo moi ben
No hay comentarios:
Publicar un comentario