O martes 20 de Decembro á tarde, tivemos un taller de construcción de xoguetes no que participan os nenos/as e as súas nais. Facemos bonecos con carozos, orizos de la e instrumentos con material de desfeito. Pretendemos que nestas datas de consumo esaxerado reflexionemos sobre a importancia de pasar un tempo de calidade cos vosos fillos/as en lugar de compensar mercando cousas sen máis.
Neste sitio vaise poder ir seguindo a vida cotiá na escola de Verducido ( a 5 Kms. de Pontevedra) Escola rural para nenos/as de 3 a 7 anos. Gustaríanos poder mostrar toda a riqueza dos procesos nos que na escola estamos diariamente inmersos.A ledicia con que aprendemos xuntos día a día tantas cousas...Queremos que vexades que somos unha comunidade que aprende de todos/as e en todo momento.BENVIDOS Á ESCOLA.
E.E.I. VERDUCIDOO colexio público de Verducido, quere agradecer a colaboración que tanto pais e nais dos alumnos/as como veciños e amigos /as da parroquia prestades para que poidamos levar adiante o noso proxecto educativo.Como dí un acertado proverbio africano, “ para educar un neno precisase dunha tribu enteira”.Podedes ir seguindo o pulso da nosa escola na rede, no noso blog: htt:// escolaverducido.blogspot.com
RECOMENDAMOS
" Bienvenido Juan. Cartas a un niño que va a nacer"María Novo/ Francesco Tonucci. Graó
"Mi niño no me come"Carlos González. Pediatra.Temas de hoy/ Vivir mejor