BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!
Hoxe é Xoves 21 de MAIO
-
9,8, 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata Xupiter
-
Contamos ata 19 a modo,no almanaque
HOXE O ENCARGADO É MARTÍN
Xogamos coas súas letras : Ola
NITRAM
O VENRES O ENCARGADO É HUGO
A Letra da semana Y
Imos buscar palabras que teñan este
son: YA YE YI YO YU
Yonatan;Yolanda;ya; yo-yo
Debuxámola na bandexa.
O abecedario Magin Blanco
Pedide aos vosos pais que vos compren
sopa de letras, é moi divertido ir comendo as letras
Seguimos xogando cos nosos nomes. Hoxe imos buscar PALÍNDROMOS PALÍNDROMAS
Sodes quen de repetir esta palabra correctamente, é moi longa. Ide probando a repetir sílaba a sílaba ata que a poidades dicir completamente ben, máis rápido cada vez,pro sempre ben.
Que significa?
Palabra, verso que pode lerse indistintamente de dereita a esquerda e de esquerda a dereita sen que cambie o sentido. . ‘Aba’ é unha palabra palíndroma.
Na nosa clase hai unha nena e un neno cuxos nomes son Palíndromos.
Quen será, a ver quen averigüa este enigma....agardo as vosas respostas.
Estamos na semana da froita, que rica é
e que ben nos senta.
Vocabulario
Imos ver as partes das froitas
https://www.youtube.com/watch?v=qLp_BFH4YVs
Como nace un limón, da flor ao froito
https://www.youtube.com/watch?v=wOBN21Wezvw
Imos gardar todo tipo de sementes de froita: cereixas, ameixas, néspera, albaricoque, mazan, limón...cantas hai.
Estas sementes as imos utilizar para clasificar, ordenar, facer series, diferenciar de que son e como non, para plantar.
Ide gardando as sementes limpas e secas nun tarro de cristal
Xa que estamos na cociña imos aproveitar para facer pegamento caseiro, fácil, económico e moi útil
https://www.youtube.com/watch?v=NOLBqEz55a4&t=245s
Ata maña!!!!
https://www.youtube.com/watch?v=AYZz_qYw_j4
No hay comentarios:
Publicar un comentario