Hoxe
temos taller de plástica, e xa que o
luns foi o día dos Museos, imos traballar cunha pintura dun pintor italiano que
se chama Guiseppe Arcimboldo.
A
obra chámase “O verán”, e representa a
cabeza dun home empregando froitas e hortalizas, ou sexa que ademais de
saudables, as froitas serven para expoñer nun museo.
Tendes que fixarvos ven no cadro e responder estas preguntas, e
gustaríame que o fagades escoitando esta música de outro italiano chamado
Vivaldi, e que compuxo esta peza que tamén titulou como “O Verán”: https://www.youtube.com/watch?v=iviEiSFKMao
PREGUNTAS:
-Identificar
cales son os nomes das froitas e poñelas nunha columna e os nomes das
hortalizas na outra. Para infantil, simplemente nomealas e se é posible
identificalas cas froitas e hortalizas que teñamos na casa, separando en
recunchos diferentes as froitas das hortalizas.
Froitas Hortalizas
Plátano
Cebola
Mazá ......
-Cales
comemos en postre? Cales comemos en ensalada?
-Na
pintura:
-que
froita forma a barbela?
-que
é a orella?
-que
hortaliza é o nariz?
-os
labios , que froita son?
-e
que son os dentes?
-que
froita parece que está no centro do ollo?
-o
nome do pintor e os números da data da pintura, están na chaqueta do home,
védelos?
-O cadro, dá frío ou calor? Entón, por que se titulará “O Verán”?
-Imos relacionar cales destas froitas aparecen na pintura mediante unha frecha.
Para
rematar, imos elaborar a nosa propia
obra de arte “pintura”. Propoño que sobre a cabeza dun boneco, dun
peluche, decoremos con froitas e
hortalizas. Eu fixen o meu e fixádevos que ata lle puxen un bolso!
A ver se identificades todas as froitas e
hortalizas que ten para completar a clasificación anterior.
Espero que vos guste, aínda que xa sei que as
vosas composicións serán moito máis chulas que a miña! Estou ansiosa por ver as
vosas creacións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario