martes, marzo 25, 2014

"A pota que trota"


Asistimos á representación dun conto musicado:A pota que trota” de OQO Editora, María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz : A partir do conto  baseado nunha divertida historia tradicional danesa na que unha pota vai repartindo entre os máis pobres o que lles pertence por xustiza, nace este espectáculo inédito, creado en exclusiva para o Salón do Libro.

Con María Lado como narradora, as cancións de Lucía Aldao e a música ao vivo do Seminario Permanente de Jazz.
Disfrutamos moito.


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/APotaQueTrota#





rota#

viernes, marzo 07, 2014

INVERNO

Na escola, xa sabedes, no patio do recreo,  temos un magnífico carballo.
Pero tamén temos un bidueiro, un freixo, unha cerdeira, unha conífera...
Estamos facendo o seguimento destas árbores a longo do ano.
Saimos fóra a facerlles fotos e debuxalos cando o tempo o permite,
así podemos ir decatándonos dos cambios en cada estación.

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Inverno#



sábado, marzo 01, 2014

ENTROIDO 2014

Este curso, estamos moi implicados coa educación vial e decidimos disfrazármonos de sinais.
Previamente, as nais e profes prepararon todo para que puideran elaborar o seu propio disfrace.
Celebrámolo con filloas, orellas e tortas de chocolate feitas polas familias para a ocasión.
Nos visitaron os entroidos e nos pintaron a cara.
Pasámolo moi ben!!!!!





https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Entroido2014#5985878553972589730