miércoles, mayo 22, 2019
NACERON OS PITI´ÑOS
Despois de moito agardar, por fin naceron os pitiños na clase de Infantil de 4 e 5 anos.
Cando medren un pouquiño faremos un sorteo para levalos á casa e podelos coidar.
XUNTOS APRENDEMOS TODOS /" AS/OS AMIGOS CONTAN"
Esta
actividade consiste en convidar aos amigos/as da nosa escola (
familias, veciños...) a vir ler, contar contos, experiencias, cousas
relacionadas cos seus traballos ou aficcións aos nenos e nenas da
escola.
Obxectivos:
Crear
na escola oportunidades de participación para a Comunidade
Educativa creando así un clima de colaboración e complicidade
entre a escola e a familia que tanto vai favorecer aos nenos e nenas
no seu desenvolvemento: Todos aprendemos e ensinamos.
Animar
aos nenos e nenas a ler, proporcionándolles modelos de lectura.
Animar aos nenos e nenas a participar e colaborar coa comunidade tendo aos seus pais como modelos.
Da súa man coñecimos títulos marabillosos e moi recomendabeis :
- A chave dos soños.
- El caballero que no quería luchar
- Bágoas debaixo da cama
- Cuando las niñas vuelan alto
-El jardín curioso. -
A comunidade Educativa aprende e ensina.
-
Utilizamos os recursos dispoñibles na Comunidade para apoiar a aprendizaxe.Facemos un inventario de recursos persoais, patrimoniais, paisaxisticos, etc.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)