A
EEI. De VERDUCIDO, escolariza nenos e nenas dende 3
a 7 anos ( 2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria).
O
horario é de 9 a 14 horas.
Se
algunha familia o precisa temos un plan de garda para que os nenos/as
poidan quedar na escola ás 8:45.
Non
temos servizos complementarios: transporte nin comedor.
Os
martes pola tarde poden acudir á Biblioteca.
Plan
de acollida e adaptación para os nenos e nenas e as súas familias:
A
partires do 26 de marzo podedes vir cos nenos e nenas á Biblioteca
da escola de 4:30 a 5:30 da tarde. Durante o mes de xuño, poden vir
ao recreo de 11:30 a 12:00. Non é obrigatorio asistir sempre pero
aconsellamos vir algunha vez para que tanto eles como vós nos
coñezades e que no mes de setembro sexa máis doado para todos esa
separación para comezar unha nova etapa na vida de toda a familia.
Vos
convidamos a visitar o colexio os martes 19 e 26 de febreiro pola
tarde de 4:30 a 5:30 para que nos poidades coñecer mellor.
Prazo
de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de Marzo.
Teléfono:
886151589
O
noso Proxecto Educativo
-
O respecto e o diálogo son a unidade de medida nas relacións entre
todos os membros da Comunidade Educativa. Educamos aos nenos e nenas
con respecto e diálogo para que aprendan a respectar e dialogar.
-
Acompañamento, estimulación e motivación ao alumnado no proceso
de aprender a aprender e construir o seu coñecemento e adquisición
das ferramentas instrumentais ao longo de toda esta etapa,
respectando a diversidade e os seus ritmos de aprendizaxe.
-
Consideramos educativos todos os espazos e todos os tempos na
escola. Valoramos e aproveitamos a localización no medio rural pola
importancia do contacto, xogo e aprendizaxe na natureza.
-
A nosa escola é unha Comunidade Educativa na que todos aprendemos e
ensinamos, actuamos como dinamizadores socioculturales do contorno.
-
Favorecemos a complicidade familia- escola tan importante para un bo
desenvolvemento dos nenos e nenas fomentando a
participación,colaboración e implicación das familias.
Contamos
con:
-
Unha Biblioteca chea de bos libros que nos acompañan no descubrimento do mundo, cultural e emocionalmente.
-
Un patio cheo de area,cubos, camións, troncos,árbores,cociña…. que conseguen que os nenos e nenas salgan ao patio todos os días con proxectos novos para levar adiante colaborando e xogando xuntos grandes e pequenos.
-
Unha horta ecolóxica que atendemos coa colaboración das nais. Aprendemos de onde veñen os nosos alimentos, a importancia dunha alimentación saudable e o respecto ao medio ambiente e a biodiversidade.
-
-Estamos moi preocupadas porque os nenos e nenas vexan a importancia dunha alimentación saudable. Facemos pan e iogur na escola para merendar, temos un menú de merendas para a semana. Nas festas ofrecemos froita e
-
Un Plan de Convivencia enfocado na prevención:-Facemos Asembleas periódicas con todas as alumnas e alumnos onde expoñen os seus problemas e preocupacións e buscamos solucións entre todos.-Traballamos en Talleres ( Horta, cociña, plástica, Música, Xogos Cooperativos...)nos que traballan en grupos nos que hai alumnos /as de 3 a 7 anos, xuntos , colaborando e aprendendo todos de todos.-Un plan para que os maiores acompañen aos pequenos nas saídas fóra da escola.- Educamos en igualdade aos nenos e nenas.-Un plan de mediadores e vixiantes do patio para axudar a resolver conflictos e ver que ninguén estea só e triste no patio.
-
Xuntos, aprendemos todos é un plan da escola para fomentar a participación das familias- Os amigos/as Contan : Os nais e pais están convidados a vir contar contos, explicar en que consiste o seu traballo ou calquera cousa interesante que queiran compartir con nós.- Colaboración na horta e actividades relacionadas.- Participación nas festas da escola-Xornadas de convivencia da Comunidade Escolar ( familias e mestras) un sábado a comezos de curso e outra na primavera.-Visita ao Salón do Libro e outras exposicións ou actividades interesantes algún día pola tarde con familias e mestras.