viernes, mayo 22, 2020

EN FAMILIA

 Semana da froita 
Receita: Ensalada ou Macedonia de froitas
 https://www.youtube.com/watch?v=GxFsy4NMaP0



Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero
As actividades deste enlace son moi acaidas e divertidas  para Primaria
Os chicos e chicas de Infantil pódenas facer de maneira oral coa axuda dos pais 
https://view.genial.ly/5eb993f5b618f00d9953d30e/presentation-letras-galegas2020 

 Despois do conto, pregunta


 



Nós, imos preguntar pola casa cal era a merenda cando eran nenos ( os avós, os tíos...), tomaban moita froita?

 GALERÍA DE IMAXES
                     A MERENDA

  Seguimos coa nosa variedade de frutas. Inaugura Sarela cunha mazá para acompañar as súas tarefas. Segue a fresa de Julia, a pera de Mateo,a fresa Xavi, o melón de Xulián, as cereixas de Saray, as uvas de Lara e rematamos co plátano de Alexander.... Sen dúbida, unha magnífica macedonia!!
















O TALLER DE PLÁSTICA

Xavi nos ofrece unha cara moi simpática peiteada con cenouras, e   ao seu osiño Panda tuneado, mentres que Saray trae a súa boneca personalizada peiteada con plátanos e con cereixas como pendentes, Lara preparou a Minnie estilo Celia Cruz ou será Frida Kahlo... Eu xa sabía que as súas obras ían ser máis chulas que a miña!










 







 Lara tamén descubríu os Palíndromos entre os nomes dos seus compañeir@s: ANA e OTTO
Sabedes que é un palíndromo? 
Buscade máis palabras palíndromas!!!



 Mateo ensínanos como tamén hai que divertirse.






 




Yonatan axuda cando se precisa, sempre podes contar con él.
Ten un detalle con papá polo seu aniversario
Fixo un traballo moi chulo que quere compartir por se se lle apetece facer a alguén, con sal coloreada con  xiz ??? 


XIZsubstantivo masculino Arxila branca rica en calcio que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas para escribir en certas superficies.

  Nos encerados escríbese con xiz. 
   (https://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/xiz)

 



No hay comentarios: