miércoles, mayo 06, 2020

TAREFAS PRIMARIA, MÉRCORES 6 DE MAIO



Bos días miñas donas e meus cabaleiros!

       Lembrades o artigo  do periódico que vos ensinei, en relación ao Ratiño Pérez e a seu permiso para seguir traballando?  Hoxe temos unha testemuña máis e real. A Alex caéronlle dous dentes e por suposto a visita do rato non podía faltar  nin con virus nin sen virus!!  Ole polo ratiño!!




      Hoxe a encargada é .... cha, cháaaaaaan....... SARAY, ca súa data feita  nun traballo moi chulo decorado coas cores do arco da vella, uha estrela, un corazón e unha guapa boneca con pelo de la! Encántame! Por certo, trae unha preciosa toalla con flecos...Cada día poñedes o listón máis alto!
  Mañá o encargado será Sofía, a ver se ela se lembra da toalla, porque teremos  plástica!




     Imos aló, meus valentes!

LINGUA 1º


      Escoitaremos un texto que vos envío ao wasap para despois responder a unhas preguntas en relación con el, e para facelo, déixovos o texto para que ademais de lelo, resolvades as dúbidas ás preguntas.
      Tamén traballaremos os grupos de letras FR  e FL.






LINGUA 2º

      Hoxe faremos unha breve lectura cunhas preguntas y traballaremos os grupos de letras CR e CL. Poño aquí un enlace para que poidades xogar de forma interactiva con elas:




CIENCIAS  DA NATUREZA 1º

   Repasaremos o corpo humano  con esta actividade, e se vos apetece, podedes facer tamén a que aparece para 2º, xa que todo isto vímolo na clase e é  moi sinxelo.


CIENCIAS DA NATUREZA 2º

     Repasaremos o corpo humano  con esta actividade, e se vos apetece, podedes facer tamén a que aparece para 1º, xa que todo isto vímolo na clase e é moi sinxelo.


MATEMÁTICAS 1º e 2º


                Hoxe faremos todos as mesmas actividades de repaso das medidas. Lembrades cando medimos a aula, as mesas, os libros?  Aquí tendes exercicios de ese tipo.



























No hay comentarios: