Bos días miñas donas e meus cabaleiros !!
Hoxe propoño ver este vídeo sobre
as consecuencias que pode haber se non comemos froitas e verduras.
Veredes que importante.
E
seguindo coa froita, aquí vos deixo este chiste, a ver se o entendedes.
Fixádevos!!
Hoxe o encargado
é....cha....cháaaannnn, ...XAVI, con un look moi
veraniego, tanto que non esqueceu nin a toalla da praia!!.. E como a tendencia
de estes días e ensinar unha mascota, aquí vemos a Miguel, o seu precioso gato do
que tanto nos fala na clase. Que cuqui!!
Mañá a encargada será Julia.
Imos aló, meus valentes!!
LINGUA 1º E 2º
Volveremos
a traballar nunha noticia dun periódico. Teredes que lela e despois responder a
unhas preguntas.
Esta
noticia leva asociada un poema de Rosalía de Castro que leredes,traballando unha parte, un vídeo onde se
canta ese poema completo e un segundo vídeo absolutamente real, onde nenos dun
colexio irlandés tamén o recitan.
Xa veredes que interesante é a actividade de
hoxe que ademais nos fai aprender a interpretar as noticias!
MATEMÁTICAS 1º
Haremos un repaso de problemas de sumas e restas.
MATEMÁTICAS 2º
Repasaremos
números pares e impares, unidades, decenas y centenas y la multiplicación.
CIENCIAS DA NATUREZA 1º e 2º
Repasaremos a clasificación de seres vivos e seres inertes. Para lembralo,
veremos este vídeo de o noso amigo o Camaleón.
Déixovos
este xogo sobre os seres vivos .Seguro que vos gusta:
Despois faremos esta actividade:
No hay comentarios:
Publicar un comentario