lunes, mayo 25, 2020

TALLER DE CIENCIAS DA NATUREZA


     Hoxe imos facer dous experimentos con globos. Seguro que desfrutades facéndoos porque son moi chulos.
                Tan só precisamos:   
             -1 globo
             -Agua
             -Anacos de papel moi pequeniños
             -Prenda de ropa de la
             -1 Rotulador

1º EXPERIMENTO GLOBO EN MICROONDAS https://www.youtube.com/watch?v=Ba5kzrPU_zA

       Enchemos o globo con auga, atámolo e metémolo no microondas 30 segundos. Veremos como o globo inflouse só. Unha vez máis  comprobamos os experimentos que fixemos na clase: o aire existe.

2ºEXPERIMENTO GLOBO COME CONFETTI https://www.youtube.com/watch?v=5d6hevz2cDg



                Inflamos un globo e atámolo, e pasámolo por enriba dos anaquiños de papel comprobando que non pasa nada porque o globo non ten boca e non pode comelos. A continuación, pintamos con rotulador unha boca e rozamos o globo contra unha prenda de la. E cha,cháannnn.... o globo come os papeliños!   Iso é porque unha das formas de enerxía que existen é a electricidade estática que fai que se liberen partículas que atraen outras como un imán.
    Estou desexando saber os resultados!!

No hay comentarios: