miércoles, octubre 31, 2007

BIBLIOTECA. SAMAIN




A BIBLIOTECA EXPÓN OS SEUS LIBROS DE MEDO NO MEDIO DAS CABAZAS HABILMENTE PREPARADAS E ILUMINADAS

martes, octubre 30, 2007

SAMAIN / HALLOWEEN



QUEREMOS QUE COÑEZAN FESTAS DA CULTURA DUNHA LINGUA QUE ESTAN APRENDENDO PERO INTENTAMOS QUE NON SUPLANTE AS PROPIAS, EN ESTE CASO SAMAIN. ARDUA TAREFA!

OS AMIGOS CONTAN


En Samain, conto de medo na Biblioteca.

lunes, octubre 29, 2007

BIBLIOTECA


COS NENOS/AS DE 1º E 2º, ESTAMOS LENDO ESTE LIBRO.
IRENE APUNTOU QUE OS LIBROS DA BIBLIOTECARIA SERÍAN UN BOTÍN
MOI APRECIADO PARA OS BANDIDOS E ERA POR ISO QUE A SECUESTRABAN.

HALLOWEEN/SAMAIN


O MARTES 30 NA ESCOLA

TRAEDE AS VOSAS CABAZAS

viernes, octubre 26, 2007

ASEMBLEA




ACORDOS PARA O PATIO DA ÚLTIMA ASEMBLEA:


- HAI QUE RESPECTAR O TRABALLO DOS DEMAIS.
SE ALGUÉN DESTROZA O TRABALLO DOS COMPAÑEIROS/AS TEN QUE COLABORAR PARA VOLVE-LO A FACER.


- NON SE PODE TIRAR AREA NIN XOGUETES AO AIRE.


- POLO TOBOGÁN SÓ SE PODEN TIRAR NENOS E NENAS.


- NON SE PODE LEVAR AREA PARA OS CUBERTOS NIN PARA OS COLUMPIOS.


- HAI QUE TER PACIENCIA COS PEQUENOS E EXPLICARLLES AS NORMAS.


- HAI QUE LEMBRARLLE AS NORMAS A TODOS/AS OS QUE AS ESQUEZAN.

jueves, octubre 25, 2007

ASEMBLEA DA ESCOLA


Reunimonos en Asemblea da escola unha vez ao mes de forma ordinaria e máis se se precisa.

É un instrumento que se ten revelado como moi eficaz no noso centro na resolución de conflictos.

OBXECTIVOS:
Participar na elaboración das normas de convivencia :No patio, nas clases, na biblioteca.

Expoñe-los seus problemas

Expoñe-las súas propostas.

Falar do que sinten, o que lles gusta o que non lles gusta

Saber escoitar.

Ser capaces de acepta-las criticas

Saber facer criticas das situacións que lle molestan ,non das persoas

Ser capaz de expresa-las súas queixas sen agresión.

Ser capaz de propoñer alternativas das situacións que non lle gustan

Ser capaz de emplear un ton de voz axeitado.

Ser capaz de respecta-la quenda de palabra.



miércoles, octubre 24, 2007

REAL FILHARMONIA DE GALICIA






Mañan, imos ao Pazo de Cultura a ver e escoitar o conto musical: " Pedro e o lobo".

Que gran oportunidade para poder ver e escoitar en directo o fagot, as trompas...e os demais instrumentos que representan os personaxes deste conto.

martes, octubre 23, 2007

BIBLIOTECA

Estamos lendo estes días este divertido libro ao tempo que preparamos as nosas cabazas para celebrar o martes 30 Halloween / Samain e vemos canto temos en común tan diferentes culturas.
Estes días estamos lendo

jueves, octubre 18, 2007

COMUNIDADE ESCOLAR




O apoio da ANPA e o traballo entusiasta e eficaz de Miguel, convertiron un espacio anodino no colexio, nun precioso xardin seco. Apreciade o proceso.

miércoles, octubre 17, 2007

BIBLIOTECA













"Osiño e o seu dente". Kalandraka
Parece que este outono tamén lles toca caer aos dentes. Hai moita demanda de caixiñas para gardar dentes.

lunes, octubre 15, 2007

MERENDAMOS FROITA


Hoxe na escola, por cortesía do servicio agrario do AREEIRO-LOURIZÁN,e gracias a colaboración de Miguel, o pai de Iván, merendamos froita na escola: guayabo-fresa, kiwiño,feijoa...
Inscribimos esta actividade dentro do proxecto de alimentación que levamos adiante na nosa escola, que ten coma un dos seus obxectivos alentar aos nosos alumnos/as a probar diferentes alimentos e a adoptar hábitos saudabeis como é comer froita habitualmente.

viernes, octubre 12, 2007

APAÑAMOS CASTAÑAS





O Xoves 11, fomos apañar castañas para o noso magosto.
Gracias a Carmen e a Bea, a avoa e a nai de Esteban e Carolina.
Apañamos castañas, comemos exquisitas mazás...

martes, octubre 09, 2007

SAIDA


O XOVES 11 IMOS IR APAÑAR CASTAÑAS PARA O MAGOSTO.
Sairemos ás 11:30. Faremos un pequeno paseo dentro da parroquia para ir apreciando os cambios que se están a producir na naturaza coa entrada do Outono.
A hora da saída será como sempre.

domingo, octubre 07, 2007

A PROCURA DO TESOURO





Seguindo a pista do mapa do tesouro, achegamonos ao carballo amigo.
Tódalas árbores do patio,foronnos levando mais perto do tesouro.

sábado, octubre 06, 2007

SALÓN DO LIBRO "O MAR"





Como tódolos anos, pensamos participar no Salón do Libro de Pontevedra.
O sábado 6 de Outubro, fixemos a ruta do Morrazo dentro do programa Faise Camiño.
Sabedes quen apareceu a saída dun tunel en Cangas? Piratas!!!Deixaron un cofre
cheo de moedas... de chocolate, e un mapa do tesouro!!!

FAISE CAMIÑO. O MORRAZO

Nun bonito día de outono, andamos e aprendemos pola zona do Morrazo, coa guía de María e Manolo de Ventos.

Xornada de convivencia para a comunidade educativa do colexio de Verducido.

SALÓN DO LIBRO




Paseando un bonito día de outono polo Morrazo con Manolo e María de Ventos, nunha saída de Faise Camiño, a saída dun túnel, de súpeto, piratas!!!
Deixaron un cofre cun delicioso tesouro e un mapa...

viernes, octubre 05, 2007

BIBLIOTECA


"La vuelta al mundo del Ratón Pérez"
José Manuel Pedrosa/Paz Rodero
Ed.Páginas de Espuma
Moi recomendable, cando comezan a cair os dentes.

jueves, octubre 04, 2007

BIBLIOTECA


“ El uso total de la palabra para todos me parece un buen lema, de bello sonido democrático. No para que todos sean artistas, sino para que nadie sea esclavo”.
Gianni Rodari.

lunes, octubre 01, 2007

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS OUTUBRO

LUNS 1: Comeza a actividade de Natación.

MARTES 2: Comeza a funcionar a Biblioteca as tarde dos martes
( De 4 a 5 da tarde).
Para alumnos e ex alumnos do colexio.
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos poden vir pero terán que estar acompañados por un adulto durante o tempo que estean na Biblioteca.
Non e preciso apuntarse e non é obrigatorio asistir sempre.
Tamén temos libros para nais /pais.
Pódese consultar internet e utilizar os ordenadores, tanto nenos/as como pais e nais.

TITORIAS: Tódolos martes de 4 a 5 da tarde podedes falar coas titoras dos vosos fillos/as no colexio. Acordadeo de antemán.

VENRES 5: Comezan na escola as clases de baile e pandeireta de 5 a 7 da tarde.

SÁBADO 6: Faise Camiño ao andar: Ruta ao Morrazo.

MARTES 9 : Consello Escolar

MARTES 16: 2ª Asemblea Xeral da escola.

LUNS 22: Día Mundial da Biblioteca Escolar. Iniciamos o programa: “ Os amigos contan”.

MARTES 30: Celebramos halloween (en inglés), samain (en galego).