As familias sábeno e para celebrar este día, a ANPA agasallou aos nenos/as cun libro, eles a cambio dixéronlles porque lles gustan os libros e a lectura.
As familias prepararon unha merenda especial con froitas como remmate da semana da froita que eles mesmos patrocinaron esta semana na escola.
Prepararon unha merenda que foi un pracer para todos os sentidos. Ademais de moi sorprendente e divertido. Todo elaborado con froita, tarta incluida.
Coidamos que o noso alumnado vaise aficionar a comer froita en todo tipo de ocasións. agardamos con esta actividade que relacionen a froita coa festa, que disfruten comendo froita.
Dentro
do programa de actividades para celebrar Abril, mes dos libros,
recibimos a visita de Mau e Pin, autores de Mariquiña a
carteira andoriña .
Con
eles, aprendemos a importancia da consonancia entre o texto e a
ilustración nun conto. Un libro é un traballo en
equipo do escritor e o ilustrador. Na escola gostanos moito o
traballo en equipo. Aprendemos a debuxar á galiña e
fixemos un auténtico galiñeiro con diferentes e
fermosas galiñas. Tamén coloreamos as ilustracións
que nos fixeron e con todo, preparamos unha exposición para
que a mediodía os pais e nais poideran comprobar que teñen
uns fillos/as moi creativos, auténticos artistas. Tamén
nos asinaron e adicaron os seus libros que tiñamos na
biblioteca.
Esta
é unha actividade proposta pola Concellalia de Educación
do Concello de Pontevedra.
José Luis García Soidán, da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra impartiu na escola o sábado pola tarde un curso básico de primeiros auxilios moi interesante que tivo unha gran afluencia.
Neste sitio vaise poder ir seguindo a vida cotiá na escola de Verducido ( a 5 Kms. de Pontevedra) Escola rural para nenos/as de 3 a 7 anos. Gustaríanos poder mostrar toda a riqueza dos procesos nos que na escola estamos diariamente inmersos.A ledicia con que aprendemos xuntos día a día tantas cousas...Queremos que vexades que somos unha comunidade que aprende de todos/as e en todo momento.BENVIDOS Á ESCOLA.
E.E.I. VERDUCIDOO colexio público de Verducido, quere agradecer a colaboración que tanto pais e nais dos alumnos/as como veciños e amigos /as da parroquia prestades para que poidamos levar adiante o noso proxecto educativo.Como dí un acertado proverbio africano, “ para educar un neno precisase dunha tribu enteira”.Podedes ir seguindo o pulso da nosa escola na rede, no noso blog: htt:// escolaverducido.blogspot.com
RECOMENDAMOS
" Bienvenido Juan. Cartas a un niño que va a nacer"María Novo/ Francesco Tonucci. Graó
"Mi niño no me come"Carlos González. Pediatra.Temas de hoy/ Vivir mejor