BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!
Hoxe é LUNS 4 DE MAIO
-
7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata a LÚA
-
Contamos ata 4 no almanaque, debuxamos os números 1,2,3, e 4 na bandexa
Aprendemos e recordamos cousas sobre a
lúa
-
HOXE A ENCARGADA É LEILA
-
Xogamos coas letras de LEILA,LÚA,LUNS
Facemos unha poesia e un debuxo
O MARTES, o encargado é MANUEL
TESOIRAS:
Imos traballar coas tesoiras.Aos nenos e nenas encántalles traballar coas tesoiras. Ao principio tentan cortar todo: pelo, roupa...é conveniente estar con eles cando andan coas tesoiras.
Traballamos a coordinación visomotora.
Deixámoslles que corten revistas, periódico, cartón, que teñen diferente dureza e teñen que facer máis ou menos forza. Cos recortes poden facer debuxos.
Apréndese facendo, aprenden a recortar, recortando.
Explicadelles que papeis poden recortar e deixadeos facer. Ao principio e conveniente estar cerca ata asegurármonos de que xa controlan o que teñen que cortar. Pouco a pouco veredes que van ir recortando cousas concretas da revista: podemos animalos a recortar cores, facer tiras e recortar cadrados e outras figuras, fotos, letras.... con todo esto poden xogar a facer collages (debuxos con cousas pegadas que poden combinar cos seus debuxos)
Cortamos as puntas ( son triángulos e cando os abrimos son rombos, dous triángulos pegados), parecen cometas. Podemos pegalos e facerlles a cola da cometa, voando todas nun ceo moi azul....
Cando abrimos: sorpresa!!!!
Practicade!!!
Ata maña!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario