viernes, octubre 31, 2008

SAMAIN - HALLOWEEN







QUEREMOS QUE OS NOSOS ALUMNOS/AS COÑEZAN DIFERENTES TRADICIÓNS DA SÚA CULTURA E DA CULTURA INGLESA, XA QUE ADEMAIS DO IDIOMA E IMPORTANTE COÑECER AS TRADICIÓNS E ESTABLECER SEMELLANZAS E DIFERENZAS COA PROPIA.



BIBLIOTECA






A biblioteca transformase para celebrar O Samain, Halloween, na escola.

lunes, octubre 20, 2008

A MERENDAR...


En cada momento temos algo importante que aprender.
Na hora da merenda:
Os alimentos que nos fan medrar, os que debemos evitar.
Acostumarnos a probar diferentes alimentos.
Os pequenos de 3 anos teñen marcadas as merendas que
teñen que traer cada día da semana, os demais xa non o
precisan, traen merendas variadas e saudabeis.

miércoles, octubre 15, 2008

MISTERIO NA HORTA

Un día que a encargada foi rega-la horta,
encontrou tres amorodos que estaban bastante maduros e foillo contar
aos nenos e nenas da escola.
Ao día seguinte cando foron mirar....
NON HABIA NINGÚN.

VAIA!!!! QUEN OS COMERÍA?

TI QUEN DIRÍAS QUE FOI?


sábado, octubre 11, 2008

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA

Entrade tranquilos, parece a casiña de chocolate
pero é o centro de interpretación do P.N. Monte Aloia
onde imos coñecer un pouco o que imos topar
na visita.




Xa toca repoñer forzas, a xantar!!!!

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA

Despois de xantar
un estupendo parque para compartir
xogos e charlas.




FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA

Xornada de convivencia da Comunidade Educativa
( familias, mestras,nenos e nenas) disfrutando, observando
aprendendo andando e xogando na natureza.


Primeira parada nas Gándaras de Budiño.


En silencio e con curiosidade axexamos aos parrulos.

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA


Parece que estamos nun bosque encantado



O outono xa está aqui.
Que divertido é xogar coas folliñas.

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA



Ánimo valentes. Xa queda pouco para
chegar



Dende o alto do Monte Aloia
temos unhas vistas impresionantes.
Ata Portugal...

viernes, octubre 10, 2008

O RICINO MEDROU TANTO QUE HOUBO QUE CORTALO

Collemos os fillos que quedaron para non pisalos.
Preparamos os tarros con pedras no fondo,
boa terra...
e agora a coidalos para que medren...
O Ricino medrou tanto que non nos deixaba entrar na horta.
Deixounos moitos fillos, xa veremos que facer con eles.
De momento coidalos e regalos ben para que medren.