Fixemos un paseo dende o encoro do Pontillón do castro ata a escola recollendo as herbas de S.Xoán
Comezamos a actividade no
encoro, ás 9:00.
No
canto de levar aos nenos/as á escola, os levan ao Pontillón na
zona das mesas á entrada da ponte. Veñen coa súa gorra e protección solar , na mochila unha botelliña de auga e alí no
Pontillón lles repartimos a froita para merendar, plátano.
Nos acompañan pais e nais.
Conduce a actividade Ventos
Estudios Ambientais.
Obxectivos da actividade:
- Coñecemento do medio:
coñecer plantas da nosa contorna.
-Coñecemento das nosas
tradicións: recoller as herbas de S.Xoán para facer o cacho.Facemos
un herbario coas herbas de S.Xoán.
- Fomentar a vida saudable
evitando o sedentarismo a través da actividade física. Aprendemos
ao aire libre.
-Xuntos aprendemos todos:
actividades de convivencia entre alumnado, mestras e familias nas que
aprendemos xuntos.