Chega a fin de semana!! Bennnnnnn! E ademáis con estes días tan estupendos de
calor, desfrutamos aínda moito máis. E falando de calor, que cousa tan
refrescante é comer sandía. Ten moitas propiedades como veredes aquí, ata
incluso é beneficiosa para a “Operación Bikini”. Que é iso da operación bikini?
Investigadeo!!
Deixovos tamén unha adiviña para que a aprendades e practiquedes.
E
por último, mirade que cousas tan bonitas se pode facer cortando unha sandía!
Hoxe o encargado é.... cha,chánnnn... Don ALEX,
que acompaña a súa data co seu doce sorriso, tendo como fondo dous globos do
mundo, a xogo coa toalla. E moi interesante ter sempre o mundo ao noso carón, e
Alex a falta dun, ten dous!!
Esta é a quenda para a semana seguinte:
LUNS 1
|
MARTES 2
|
MÉRCORES 3
|
XOVES 4
|
VENRES 5
|
XULIÁN
|
EVELYN
|
SANDRA
|
ALEXANDER
|
MATEO
|
Imos aló, meus valentes!!
LINGUA 1º e 2º
Traballaremos unha historia espacial, vendo e escoitando, para traballar
os días da semana en relación cos planetas. A que soa moi interesante?
E
volveremos a repasar a lectura dunha noticia dun xornal.
MATEMÁTICAS- RAZONAMENTO LÓXICO 1º E 2º
Como é habitual, traballaremos as mate con pasatempos, que lembro que tamén poderemos facer durante a fin de semana, cando nos apeteza.
CIENCIAS SOCIAIS 1º E 2º
Aproveitando que vimos en lingua os planetas, imos saber un pouquiño
máis sobre iso. Así que primeiro veremos este vídeo:
E os que poidades, tendes aquí dous xogos
divertidos para practicar:
Premede nos nomes seguintes para xogar:
Ademais, poño esta sinxela actividade:
BIBLIOTECA
Lembrade,
é venres e nos toca ir á biblioteca a recoller un libro.
A ver
como ides de memoria... a quen lle dedicamos este ano “O Día das Letras Galegas”?....
Sobre ese escritor, os Bolechas, fixeron un
libro adaptado para nenos e nenas da súa novela “Scorpio”. É curto pero moi
ameno, e púxenlle unha música moi chula, xa veredes como vos gusta!
Premede enriba do título para ver o libro:
Boa fin de semana!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario